Un empate tras varias derrotas

Un bo RC Celta non pode contra a SD Eibar (1-1)
Publicado por o día 24/01/2021 na sección de Celta,Deportes,Fútbol

Un empate tras varias derrotas

RC Celta e SD Eibar empataron no primeiro partido da segunda volta (1-1). Os de Eduardo Coudet foron superiores ao seu rival pero non puideron transformar todas as ocasións xeradas.

A primeira parte comezou cun RC Celta en busca do gol, algo que atopou nos primeiros minutos por medio de Brais Méndez, que finalizou unha boa xogada colectiva. Pouco despois Olaza tivo o segundo, pero o seu remate estrelouse no pau. A SD Eibar estirou liñas e tamén tivo algunhas chegadas con perigo.

No segundo tempo, un erro local propiciou a igualada do equipo vasco por medio de Bryan Gil. Os xogadores celestes tentárono de todas as maneiras posibles pero non puideron bater a portaría armeira.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén; Mallo, Araujo, Murillo, Olaza; Tapia; Brais, Beltrán (Alfon, min 75), Nolito (Baeza, min 81); Emre Mor (Okay, min 46), Santi Mina

1 – SD Eibar: Dmitrovic; Pozo, Oliveira, Bigas, Rafa Soares; Recio (Diop, min 75), Sergio Álvarez (Aleix, min 63); Expósito, Bryan Gil; Muto, Kike García (P. León, min 75)

Goles: 1-0 Brais, min 9; 1-1 Bryan, min 52;

Árbitro: González Fuertes (Asturias). Amonestó a Tapia, Okay, Brais, Mina (RC Celta) e a Rafa, Expósito, Recio (SD Eibar)

Campo: Abanca Balaídos