A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e […]
O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias un novo sistema para realizar as probas do coronavirus, aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse deles, e que só se lle realizará as persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización […]
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de sumarse á iniciativa ‘Píldoras Solidarias. Entrenamiento Mental’ da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) que preside o psicólogo deportivo galego Joaquín Dosil. O Goberno galego promove, apoia e difunde xunto a SIPD este programa nacido para axudar á preparación e […]
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 333, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e […]
A Consellería de Sanidade vén de reforzar, desde esta mesma mañá, o teléfono 900 400 116 de información sobre o coronavirus coa incorporación de ata 100 teleoperadores para a atención exclusiva ás consultas e as solicitudes de información relacionadas con esta enfermidade co obxectivo de axilizar a atención á poboación. O reforzo do persoal de […]
A Xunta de Galicia vén de publicar na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia, onde pode consultarse, o anuncio previo de licitación das obras de ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), que tamén foi remitido ao Diario Oficial da Unión Europea. Esta iniciativa ten por obxectivo dispor de cobertura xurídica para reducir de 35 a […]
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse hoxe por videoconferencia co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, para avaliar as medidas de prevención fronte ao coronavirus adoptadas polo sector, así como as solicitudes trasladadas ao Goberno central e que a Xunta estuda complementar con apoios no eido laboral e […]
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285, deles 84 son da área da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 50 da de Santiago, e […]
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro a través de videoconferencia coas diferentes delegacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) encargadas da elaboración dunha guía onde se recollen as medidas de prevención fronte ao coronavirus que se deben adoptar en todos os centros de traballo e que xa […]
A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a […]
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia ascende a 112, deles 45 son da área da Coruña, 6 da de Lugo, 14 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo, 12 da […]
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou hoxe aos responsables dos principais partidos políticos galegos a unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación derivada da evolución do coronavirus. O titular do Goberno galego enviou unha carta a cada unha das formacións, na que propón que, ademais das actualizacións que irá facendo o […]
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá, no CEIP Otero Pedrayo de Vigo, na actividade Almorzos Cooperativos, impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, onde destacou a importancia de promover os valores da Economía Social entre os escolares galegos. […]
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar os gañadores dos concursos de debuxo e microrrelatos lanzados o pasado mes de decembro para contar coas achegas dos máis novos no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Estes certames congregaron a participación de 42 centros educativos das catro provincias […]
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por vento nas catro provincias galegas. Ademais, tamén se activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de vento comezará na noite […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo é axilizar os trámites administrativos para facilitar a xestión da venda de madeira. Así, as solicitudes de participación nos alleamentos de madeira […]
A Xunta vén de habilitar unha páxina web (http://eleccionsgalicia2020.gal) na que está dispoñible toda a información esencial sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril. Na web inclúese información relacionada con temas fundamentais, como o voto por correo para os residentes en España ou temporalmente no estranxeiro, e para as persoas que […]
Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, […]
A Xunta de Galicia destinará este ano 1,25 millóns de euros a axudas para a rehabilitación ou renovación de vivendas e edificios de vivendas integradas dentro da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da área de rehabilitación integral do Parque Nacional das Illas Atlánticas, tal e como indica a Resolución pola que se realiza […]
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou hoxe no DOG o decreto de aprobación do novo Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural do Monte Aloia, un instrumento de ordenación específico no que se detallan os obxectivos e criterios principais a seguir á hora de xestionar os distintos aproveitamentos, tanto públicos como […]
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, deron hoxe a coñecer, nun encontro con colectivos e profesionais no ámbito da loita contra a violencia de xénero que traballan na área territorial de Vigo, a primeira guía de recursos existentes en Galicia fronte esta lacra. […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, as coñecidas como axudas da PAC. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar de forma telemática […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que contempla as compensacións complementarias por inactividade (lucro cesante) e as axudas para a reposición de gando bovino, ovino e cabrún en explotacións afectadas polo sacrificio obrigatorio de animais por mor de programas oficiais de erradicación de enfermidades. A partida orzamentaria consignada […]
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de convocar a segunda edición do concurso fotográfico #Eusonpilabot, que ten por obxectivo concienciar á comunidade escolar na necesidade de reciclar e facer unha recollida selectiva deste tipo de residuos. Este certame está dirixido a todos o alumnado dos centros participantes na campaña para o fomento […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural para que os concellos galegos se poidan beneficiar das axudas destinadas á realización de poxas de gando bovino selecto. O orzamento inicial é de 65.000 euros, que se poderá ampliar se así se precisa. A Consellería do Medio Rural é consciente […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para este ano as axudas para a realización de estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica nos espazos que forman parte da Rede de Reservas da Biosfera […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de […]
50 metros cadrados que albergan equipos de medida en lonxitudes de onda ópticas (1,3-1,5 micras), tanto para circuítos formados por compoñente discretas, como para medidas de circuítos integrados fotónicos (PICs), cunha estación manual de puntas para caracterización e testeo, converten á Universidade de Vigo na sexta institución académica de España en dispor dun laboratorio para […]
A Consellería de Cultura e Turismo vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) como ben inmoble coa categoría de monumento da Terraza de Sada. Un pavillón modernista comezado a construír no 1912 na Coruña, sobre un deseño probablemente do arquitecto Antonio López Hernández, destinado […]
O Museo do Mar de Galicia acolleu hoxe a presentación da nova edición de Lingua de Namorar, o certame de declaracións de amor na rede que promove cada San Valentín a Xunta de Galicia, como unha iniciativa para dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet. Ao acto […]
Un total de 40 alumnas e alumnos de Bacharelato e de Grao Superior de Formación Profesional recibiron hoxe os Premios Extraordinarios cos que a Xunta de Galicia recoñece cada ano os mellores expedientes académicos nestas ensinanzas correspondentes ao pasado curso 2018-19. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, que esta mañá presidiu […]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Poio da estrada provincial Peirao- Besada, dende o punto quilométrico 0+000 ao 0+100. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/31N0aAo. O Concello de Poio e a Deputación Provincial de […]
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceron aos voluntarios do programa de acompañamento en hospitais e centros de saúde a súa implicación e solidariedade. Fixérono durante unha visita aos participantes que comezaron a fase de formación do proxecto no Hospital de Ourense. Este programa de humanización […]
Desde hoxe está aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de maio a setembro, un mes máis que na anterior convocatoria. Como publica o Diario […]
Comeza na Cidade da Cultura a quinta edición do coworking de Santiago de Compostela, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o Centro de Emprendemento Creativo do Gaiás, onde os promotores de 22 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco […]
O programa ‘DigiCraft non teu cole’, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Fundación Vodafone España celebran hoxe unha xornada a formación do segundo itinerario do programa na que participan os 100 docentes implicados. DigiCraft é un innovador programa formativo que desenvolve […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se convocan as axudas para a execución de actuacións de mellora e conservación no seis parques naturais de Galicia, por un importe de case 1,4 millóns de euros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca estas subvencións para as que, tal e como […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública o anteproxecto de instalación dunha área de subministración e servizos na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas (A-52). Segundo o anteproxecto, a zona […]
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas. Este ano a data celébrase baixo o lema “Unha Internet mellor comeza […]
O director do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe en Bueu, durante a visita ás instalacións da compañía Corvus Belli, que a especialización profesional dos mozos e mozas de Galicia é unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0, sinalando que a empresa pontevedresa é unha das pemes que están a desenvolver proxectos de mellora […]