A Xunta de Galicia abre ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores de 60 ou máis anos que se atopan soas nestas datas, ben pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras […]
Un total de 13 asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos da área territorial de Vigo recibirán 35.685,8 euros este ano ao abeiro da orde das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, tal e como recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial […]
A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá luns, día 7 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 9 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas. Polo tanto, a partir de […]
A Xunta investirá 3,3 millóns de euros no impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia apoiando a contratación e o mantemento de máis de 250 axentes que na actualidade forman esta infraestrutura especializada na promoción do emprego. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste ano, que ten como […]
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo no encontro Venres Autónomos, unha iniciativa para coñecer de preto a realidade do colectivo dos traballadores por conta propia e escoitar cales son as súas demandas. Conde destacou o valor dos autónomos para a economía galega, onde un de cada cinco traballan […]
O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá en Santiago de Compostela nun encontro empresarial no que compañías e agrupacións empresariais coñeceron con detalle a invitación que vén de abrir a Consellería de Economía, Emprego e Industria para que envíen propostas de desenvolvemento de solucións industriais baseadas en máquinas e bens de equipo, de […]
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o inicio das obras da nova glorieta de acceso á praia de Areas na PO-308 ao seu paso por Sanxenxo. Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da localidade, Telmo Martín, así como do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, […]
Empresas e agrupacións empresariais están convocadas ao encontro que terá lugar o próximo 3 de outubro en Santiago de Compostela para a dar a coñecer a invitación que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, vén de abrir co obxectivo de que o tecido industrial galego achegue solucións industriais baseadas en […]
O director do Igape, Juan Cividanes, abriu esta mañá en Vigo o ciclo de xornadas formativas sobre internacionalización dixital que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha co obxectivo de contribuír ao esforzo que as empresas galegas veñen realizado para incrementar a súa presenza nos mercados internacionais, abrir novos espazos para as […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas […]
Un total de 90 axentes do sector agrogandeiro participaron hoxe en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC). O encontro foi […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da primeira edición dos Premios á Dinamización Demográfica para difundir as iniciativas promovidas por entidades locais, de maneira individual ou en conxunto, que teñan por obxecto o impulso e a revitalización demográfica do seu territorio. Os premios recoñecerán a labor de concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e […]
Nós contra a violencia, a campaña posta en marcha este verán pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e sensibilizar contra este tipo de violencia, leva a Ribeira este […]
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe no acto de entrega de diplomas dun dos programas de máster do Centro de Iniciativas Profesionais (CIP) de Vigo o labor desta entidade, que celebra 30 anos de experiencia docente, na formación dos novos perfís que demanda o tecido empresarial. Na súa intervención, […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se formaliza o encargo á Empresa de Transformación Agraria (Tragsa) dos servizos de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais do Grove. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa á resolución: https://bit.ly/2lFe46p O […]
A Xunta de Galicia ten aberto o prazo para as persoas interesadas en inscribirse nos cursos que se ofertan no novo Plan de formación en materia de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para este ano 2019. As solicitudes poden realizarse a través da páxina web de Voluntariado galego, onde tamén se informa […]
O prazo para presentar traballos xornalísticos ao premio ‘Comunicar en Igualdade 2019’ permanecerá aberto ata o próximo 16 de setembro. O obxectivo da iniciativa é recoñecer aqueles traballos que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero. Con esta iniciativa, búscase […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas as dúas últimas fins de semanas de setembro. O prazo de inscrición nestas xornadas formativas abrirá o vindeiro 2 de setembro, a partir das 9 horas. No seguinte enlace pódese ampliar a información sobre estas actividades e enviar o correspondente […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a apicultura, aprobando un total de 14 expedientes que benefician a 1.654 apicultores de Galicia, por un importe total de 686.741 euros. Este orzamento, que está cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nun 50%, […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a cobertura de 156 postos de policía local convocadas pola Xunta. Un total de 811 persoas presentaron a súa solicitude para formar parte do proceso selectivo e obter unha das 156 prazas ofertadas para traballar en 28 concellos […]
A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición, ata cubrir prazas, para mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que estean interesados en participar como voluntarios no Festival da Luz, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro no municipio coruñés de Boimorto. Esta iniciativa enmárcase no programa SON […]
A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha unha nova edición do programa “Outono Gastronómico en Turismo Rural” na que unha vintena de establecementos da provincia de Lugo convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada. O delegado territorial da Xunta en Lugo, […]
O Comité Europeo das Rexións (CdR), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea (DG REGIO), organizará en Bruxelas do 7 ao 10 de outubro a Semana Europea das Rexións e das Cidades (EWRC nas súas siglas en inglés): un evento de catro días de duración que reúne a máis de 6.000 […]
A Xunta de Galicia abre mañá e durante un mes o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de subvencións dirixidas ás corporacións locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que […]
A Xunta de Galicia abre mañá e durante un mes o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de axudas para a creación de escolas infantís en polígonos industriais e outros contornos laborais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O Diario Oficial de […]
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), acaba de ampliar o orzamento destinado este ano ao programa de infravivenda, unha liña de axudas específica para facilitar a rehabilitación de inmobles que non reúnan uns requisitos mínimos de habitabilidade e estean emprazados en concellos de […]
Avogados de procuradores poderán descargar as gravacións das vistas das que son parte a través da sede electrónica xudicial. É unha das novas funcionalidades da sede, que se vén probando desde o pasado mes de abril en xulgados de Lugo e Pontevedra. Tras esta fase de probas, a previsión é habilitar o servizo para o […]
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de apoios para a consolidación e estruturación dos centros tecnolóxicos de Galicia á que destinará un total de 5,4 millóns de euros. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 13 de setembro. En concreto, poden concorrer os nove que […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se lle dá publicidade á instrución da Lei de Rehabilitación de Galicia para mellorar a aplicación práctica da primeira norma nesta materia concreta coa que conta a Comunidade galega. Un dos principais fins que persegue o Goberno galego con esta ferramenta (Interpretación para a aplicación das […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución da segunda edición do programa Innova Peme, pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade innovadora das pemes galegas, co-financiadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Ao abeiro desta segunda convocatoria apoiarase […]
A Xunta de Galicia outorgará axudas a un total de 122 concellos galegos destinadas á programación de actividades de dinamización da lectura, no marco do programa Ler conta moito, que promovan a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e axencias de lectura públicas de titularidade municipal. […]
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abre unha convocatoria extraordinaria para que mozas e mozos de entre 18 e 30 anos poidan inscribirse en algún dos cinco campos de voluntariado en Islandia que se ofertan. En total convócanse nove prazas. Estes campos de voluntariado, que se desenvolverán […]
A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite. O Goberno galego anima aos cidadáns a que […]
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofertará ao longo deste verán preto de 19.500 prazas para coñecer da man dun guía acreditado o patrimonio natural e ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Mañá está prevista a primeira das rutas guiadas da tempada, que baixo o título Sálvora: unha […]
A Secretaría Xeral da Emigración vén de incluír novidades no programa dirixido aos galegos do exterior que regresan á comunidade para poñer en marcha un negocio propio. As Axudas ao Retornado Emprendedor inclúen este ano por primeira vez aqueles retornados que se dean de alta como socios traballadores de sociedades mercantís, e non unicamente aqueles […]
A Xunta abre mañá, e durante un mes, o prazo para que as entidades de acción voluntaria e os concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia presenten os seus proxectos de Voluntariado Sénior, novo programa que ten como finalidade incorporar aos maiores de 55 anos como persoas voluntarias. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Este período comezará o 1 de xullo e rematará o 30 de setembro. Tal e como establece a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria do Bono Concilia, unha prestación económica que axuda ás familias galegas no pago dunha praza na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que ou ben non consiga praza nunha escola infantil pública, ou porque residan nunha localidade na que non existan garderías sostidas […]
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de mañá a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra; e por temporal costeiro en Lugo. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor […]
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de onte a resolución do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2018. A Lei 3/2012 do deporte de Galicia establece entre as competencias da Administración autonómica a de realizar as […]