A Consellería do Medio Rural convoca a 11ª edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. A dotación orzamentaria total é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada un dos gañadores participantes nas oito categorías establecidas. Así, a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) establece as bases do galardón e […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que convoca as subvencións destinadas aos concellos galegos para que rehabiliten ou reformen os mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios. O orzamento da convocatoria de 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), supera os 1,7 millóns de euros, […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas para as familias con fillos a cargo menores de tres anos para este ano 2020. Estas axudas irán destinadas a persoas que teñan nenas ou nenos de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 […]
A Xunta de Galicia destina máis de 36,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nados en 2020 teñan acceso á Tarxeta Benvida, axuda directa para contribuír a sufragar os custes que trae consigo o chegada dun novo membro á familia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola cal se establecen […]
O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria das subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, cun orzamento de 11 millóns de euros. Serán […]
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión de axudas para impulsar a transformación dixital de 112 pemes que mobilizarán investimentos por valor de 5,5 millóns de euros. Esta convocatoria achegará 2,2 millóns de euros a apoiar a modernización e mellora da competitividade do tecido industrial […]
O comercio electrónico creceu en Galicia no último ano en todos os tramos empresariais. Tanto as empresas de máis de 10 traballadores como as microempresas realizaron vendas online por riba da media estatal en 2019. Tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado Son datos recollidos […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas para a mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social para 2020. As organizacións interesadas terán o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte desta publicación, para presentar as súas solicitudes. […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. A medida faise efectiva despois do acordo acadado en Madrid entre o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director xeral de […]
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe na delegación territorial da Xunta en Pontevedra con asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e entidades de mulleres rurais da provincia para explicarlles a liña de axudas da Vicepresidencia para a dinamización do asociacionismo veciñal e que coñecesen as vantaxes de solicitar estas […]
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta informa que se amplía a alerta laranxa por vento vixente na nosa comunidade ao interior de Lugo e ao noroeste de Ourense, e ademais esta tarde espéranse refachos de vento que poden superar os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade. Segundo informa a Axencia […]
A nova programación A Escena! de Santiago presentouse hoxe no Teatro Principal con 27 espectáculos en cartel, dos que 10 se exhibirán na xidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) […]
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que, por causas sobrevidas e imprevistas acontecidas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas, co obxectivo de garantir que poidan continuar os seus estudos, blindando o acceso […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se declara de xeito provisional como espazo natural de interese local (ENIL) o lugar Torre de Hércules. Ábrese agora un prazo de dous anos para que o Concello da Coruña, promotor da proposta, deba presentar, como requisito imprescindible para obter a declaración definitiva, o Plan de […]
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases da convocatoria de axudas do programa Aprol Economía Social, que busca fomentar o emprego estable e de calidade en cooperativas e sociedades laborais e que conta cunha dotación inicial de máis de 3 millóns de euros, o que supón […]
GaliciaAberta, o portal web da Secretaría Xeral da Emigración, incrementou nun 22,5% o seu número de usuarios durante o último ano, ata superar a os 261.000 en todo o 2019. Así o amosan as estatísticas do exercicio que vén de rematar, no que os internautas realizaron preto de 385.000 visitas á páxina http://emigracion.xunta.gal, un 17,5% máis […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF para o ano 2019. As […]
Galicia volverá dar cobertura este ano ás familias dos profesionais do mar falecidos durante o exercicio da súa actividade ao habilitar axudas coas que cubrir as necesidades máis inmediatas dos familiares nos primeiros momentos tralo falecemento e mentres se realizan os trámites correspondentes cos seguros. As achegas, recollidas na orde da Consellería do Mar que […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se crea e regula o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas. O obxectivo desta norma é mellorar a conservación e posta en valor destas masas, formadas por especies de gran interese como carballos, castiñeiros, cerquiños e bidueiros, como recurso […]
A Xunta vén de abrir o prazo de solicitude das axudas do novo programa destinado a facilitar ás pequenas e medianas empresas as infraestruturas necesarias para modernizar a industria galega. Mediante unha dotación de 16 millóns de euros ata 2022, a nova liña apoiará a creación de centros de fabricación avanzada de uso aberto e […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de adhesión á terceira temporada da marca FEST Galicia, dirixida a festivais profesionais de música que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano. Dáse así continuidade a esta iniciativa da Xunta para promover o turismo musical de acordo con criterios […]
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir de mañá. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa comezará cara media mañá na zona noroeste da Coruña, e […]
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a resolución cos centros premiados na VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, a través do que se recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares. A iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, […]
O tráiler da campaña Vai de peixe continúa o seu percorrido por Galicia. Esta mañá, coincidindo coa súa parada na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, a atleta olímpica Ana Peleteiro ofreceu unha charla teórica sobre adestramentos, alimentación e motivación no deporte e unha sesión práctica aos estudantes. A deportista […]
A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, celebrou hoxe o éxito de Coñece Vigo, o programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade. Segundo dixo, a aceptación da iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses […]
Os resultados preliminares do proxecto europeo da convocatoria H2020 CoastObs demostraron o potencial dos satélites Sentinel na predición das floracións de algas nocivas (FAN), comunmente coñecidas como mareas vermellas, un fenómeno frecuente nas Rías Baixas galegas, onde causan un forte impacto, non só ecolóxico senón tamén económico, obrigando en determinadas ocasións ao peche temporal dos polígonos de […]
A Xunta vén de abrir o prazo de solicitude das axudas dirixidas a facilitar o financiamento ás empresas da industria auxiliar naval que poidan estar sufrindo retrasos nos pagos debido ás dificultades que están atravesando determinados estaleiros galegos. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destes apoios que se incorporan ao programa de préstamos directos […]
As illas Azores son un lugar privilexiado para o avistamento de cetáceos, téndose convertido esta actividade nun dos principais reclamos turísticos do arquipélago. Pero os datos que obteñen as numerosas empresas dedicadas á observación de baleas e golfiños estanse a consolidar como unha fonte moi valiosa de información para a comunidade científica que estuda os […]
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, presentaron hoxe Coñece Vigo, un novo programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade. Unha iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade […]
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico correspondente ao curso 2018-19, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estes galardóns, instaurados con carácter anual, teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o nome as premiadas do concurso Comunicar en Igualdade, co que a Secretaría Xeral da Igualdade pretende recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que teñan contribuído á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero. Xornalistas Galegas, xunto […]
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron hoxe en rolda de prensa O rueiro das liortas, a nova proposta da campaña Nós contra a violencia da Xunta de Galicia que ten como obxectivos promover o uso do galego e sensibilizar contra a violencia de xénero, os micromachismos […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación da segunda convocatoria da orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas debido ao elevado volume de solicitudes. Nesta resolución as axudas contarán cun orzamento de 353.021,28 euros financiados ao abeiro do […]
Expertos de diferentes ámbitos relacionados coa investigación e a innovación no ámbito da cosmética coincidiron hoxe en resaltar a potencialidade tanto das microalgas como das macroalgas na procura de novos ingredientes de calidade para a cosmética natural. Foi durante os diversos relatorios desenvolvidos no seminario sobre cosmética mariña que organizou o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación […]
A Xunta de Galicia organiza para o vindeiro sábado 23 de novembro #CulturaLike, unha xornada que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con máis de […]
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe na delegación territorial da Xunta en Vigo da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa á que convidou ao unirse aos comerciantes da cidade e que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade dos 138 […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais consonte aos programas oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades. O orzamento total é de 200.000 euros. Esta […]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o reitor do Seminario Maior da Arquidiocese de Santiago, Carlos Álvarez, reuníronse esta mañá en San Martiño Pinario para analizar as novidades na preservación e salvagarda deste monumento. Na mesma, o titular de Cultura explicoulle ao responsable eclesiástico que o DOG vén de publicar hoxe a incoación do […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción para a execución dunha senda na estrada PO-551, entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu. Esta actuación […]
A Consellería de Política Social resolveu a concesión de subvencións por un montante global superior aos 675.000 euros a federacións e entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade ao longo deste ano e de 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica o listado das […]