O cadro de persoal de Samyl, concesionaria da limpeza do campus norte da Universidade de Vigo en Ourense, continúa coas mobilizacións para rexeitar os recortes no servizo, en concreto a eliminación de horas de traballo. Este incumprimento do prego de condicións da adxudicación por parte da empresa prodúcese coa permisividade da Universidade e ante a […]
O mes de xaneiro rematou en Galiza cun total de 185.984 persoas desempregadas, 18.229 máis (+10,87%), que en xaneiro do ano paso, sen contar as persoas atinxidas por ERTEs que non se computan. Aínda que segundo os datos de paro rexistrado habería 3.603 persoas desempregadas menos que no mes de decembro, hai o cuádruplo de […]
A federación da Construción e Madeira da CIG está a detectar unha alarmante proliferación nas redes sociais de anuncios de falsas ofertas de emprego tanto na construción como noutros sectores. Segundo puideron constatar, moitos estafadores sen escrúpulos están a aproveitarse da desesperación da xente, chegando incluso a facerse pasar por empresas coñecidas, polo que dende […]
O persoal da UCI de Adultos protagonizou, na súa duodécima semana de folga, unha sentada na entrada principal do Hospital Clínico de Santiago para meditar sobre a caótica situación que está a padecer. Lembran que levan en folga desde o pasado 16 de novembro e con mobilizacións todas as semanas sen que se dera avance […]
A FGAMT-CIG acusa a Fundación 061 de ocultar datos de xeito deliberado no informe remitido ao Concello de Cangas para xustificar a supresión do sistema de desinfección covid na localidade e para rexeitar a necesidade dunha ambulancia máis no Morrazo. A respecto da desinfección covid en Cangas, no informe indícase que en Vigo disponse de […]
A CIG-Administración Autonómica vén de denunciar a utilización, por parte do PP, da vía das emendas no debate da lei de reactivación económica, a debate no Parlamento, para impor a mobilidade forzosa do persoal empregado público da administración. A responsable nacional do sector, Zeltia Burgos, denuncia que “deste xeito a Xunta habilítase a si mesma […]
A representación do persoal agarda que o conselleiro teña a mesma celeridade para atender a petición de reunión “que para publicitar a empresa no ano 2015 como un exemplo de modernización”. Demandan do conselleiro que actúe na busca de solucións que afiancen o proxecto industrial, mantendo os postos de traballo e a actividade produtiva na […]
“En tan só 24 horas Feijoo dá no clavo. Na Xunta non aplica ningunha das medidas que predica: nin teletraballo nin máscaras FPP2”. Así reprocha a responsábel da CIG-Administración Autonómica as recentes declaracións do Presidente da Xunta nas que avanzaba a posibilidade de facer obrigatorias, en certos casos, a máscaras FPP2 e demandaba o teletraballo […]
Os datos da EPA do IV Trimestre confirman a profundidade da crise derivada da pandemia, mais tamén a profundidade da crise que arrastrabamos antes da chegada da covid. O ano 2020 rematou –sen computar as traballadoras e traballadores en ERTE, que se enfrontan a un incerto futuro- cunha taxa de paro do 12% (11,8% en […]
Á decisión da Empresa “Ambulancias do Atlántico” de trasladar a Vigo o sistema de desinfección en novembro do pasado ano, sumase agora un novo desbordamento de augas fecais por toda a instalación sanitaria que alberga a propia ambulancia, os EPIs ou o propio material sanitario co que se atende aos pacientes. Esta é a terceira […]
O pasado día 16 de novembro, os responsables da Empresa “Ambulancias do Atlántico – Grupo Orthem” decidiron retirar a máquina xeradora de ozono coa que se complementan as tarefas de desinfección dos vehículos sanitarios tras a atención e o traslado polo persoal sanitario do 061 dos pacientes con signos de sospeita ou confirmación por COVID-19. […]
A federación de Servizos da CIG vén de denunciar diante da Inspección de Traballo o incumprimento xeneralizado das medidas de protección contra a covid-19 por parte das grandes cadeas do sector do comercio de alimentación. Nestes establecementos non se respectan os aforos máximos permitidos nin se controla o uso de luvas e de xel hidroalcólico […]
O Comité de Serviplus Total SL, concesionaria da xestión integral dos centros polideportivos do servizo de conserxería das instalacións deportivas da Coruña, denuncia que a empresa non está a respectar o establecido no convenio de aplicación nin o recollido no prego de contratación, no tocante ao regulado para a promoción do emprego interno. Así mesmo, […]
A CIG-Saúde da Mariña esixe explicacións públicas ao Sergas e a dimisión da actual equipa directiva do Hospital da Mariña por saltar os protocolos para vacinarse cando non lle correspondía e cando hai traballadoras e traballadores do Grupo 2 que aínda non recibiron a vacina por falta de doses suficientes. Segundo a instrución do Sergas, […]
As traballadoras da Uterqüe en Santiago de Compostela (que Inditex pechará definitivamente este domingo) secundan este venres a segunda xornada de folga para esixir recolocacións sen perda de dereitos. Con motivo do paro, as traballadoras van realizar unha concentración ás 12:30h diante da tenda situada na rúa Doutor Teixeiro e posteriormente, ás 13h, a CIG ten convocada outra […]
Traballadores e traballadoras da central térmica das Pontes trasladaron este venres ás protestas en demanda dunha transición xusta e garantías de emprego até a Delegación do Goberno na Coruña, de onde saíron en manifestación até o edificio da Subdelegación para manter unha xuntanza coa responsábel desta administración. A protesta contou co apoio do persoal da […]
Traballadoras e traballadores da limpeza da provincia da Coruña realizaron esta mañá unha caravana de vehículos pola cidade herculina para esixir un convenio digno e con dereitos fronte aos recortes que pretende impor a patronal baixo a escusa da pandemia. A marcha saíu da explanada do edificio de sindicatos pouco despois das 11:00h, a onde […]
Malia a primeira etapa de vacinación corresponder ao persoal socio-sanitario e ás persoas residentes en centros de maiores e atención á discapacidade, a CIG-Saúde de Compostela quere denunciar que as traballadoras e traballadores non sanitarios do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI) seguen sen recibir a vacina e o persoal sanitario non foi vacinado até […]
Unha vez máis, DomusVi Ferrol vese na obriga de restituír os dereitos salariais dunha traballadora á que non lle estaba recoñecendo o plus de antigüidade, tendo que presentar demanda en vía xudicial. A CIG-Servizos de Ferrol vén denunciando dende hai tempo o incumprimento sistemático do convenio colectivo do sector por parte da empresa, o que […]
Os celadores/as do hospital Montecelo de Pontevedra amosaron hoxe o seu malestar polo que consideran un novo caso de discriminación laboral por parte do Sergas. Nesta ocasión as autoridades sanitarias deixáronos/as fóra da campaña de vacinación, de igual xeito que ao comezo da pandemia non se lles entregaron EPI e despois non se lles facilitaban […]
O persoal de Galicia Téxtil acordou en asembleas iniciar mobilizacións en defensa dos postos de traballo nesta empresa do téxtil, unha das máis antigas da comarca de Ferrol e unha das poucas de todo o Estado español que aínda fabrica tela. Para abordar o ERE formulado pola dirección e o futuro dos empregos, a representación […]
O persoal asignado ao servizo de atención telefónica da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta de Galiza mobilizouse hoxe diante do edificio administrativo de Vigo para reclamar a subrogación dos seus contratos por parte da nova adxudicataria, Instituto Sondaxe, para deste xeito poder manter os seus postos de traballo. Segundo sinalan […]
CIG-Saúde de Monforte denuncia a situación na que se atopa o PAC da localidade, as graves deficiencias que existen e demanda da Xerencia que solucione estas eivas buscando xa unha localización axeitada para este servizo para poder darlle unha atención sanitaria de calidade ás e aos doentes. Lembran que no mes de marzo de 2020, […]
Tras o requirimento da CIG en decembro de 2019, Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem, a empresa concesionaria do 061 nas localidades de Vigo, Cangas, Moaña, A Estrada, Silleda e Santiago comezou o reparto de cascos e gafas de seguridade individuais para cada traballador/a, de xeito que non teñan que compartir o seu uso como se viña […]
Diante da pasividade dos organismos internacionais, nomeadamente da ONU e da súa misión, a MINURSO, e moi especialmente do Goberno español, e vendo a deriva dos últimos acontecementos, dende a CIG decidimos poñer en marcha unha campaña de apoio ao pobo saharauí, e para esixir a inmediata solución á súa inxusta situación. Logo de contar […]
A xunta de persoal da Administración Periférica do Estado na provincia de Pontevedra demanda a cobertura de vacantes, “logo dos recortes de persoal dos anteriores Gobernos”, e un reforzo das relacións de postos de traballo acorde coa carga de traballo en organismos como o INSS e o SEPE, que tramitan o Ingreso Mínimo Vital (IMV) […]
A CIG e a CSIF veñen de denunciar publicamente as desigualdades e as presións existentes no seo do cadro de persoal do Concello de Redondela, ao tempo que lembran que levan meses reclamándolle ao Goberno local medidas concretas como a cobertura das baixas, a convocatoria da oferta pública de emprego, o recoñecemento dos traballos realizados […]
A CIG desenvolveu hoxe concentracións nas sete cidades galegas en demanda dunhas pensións públicas dignas e garantidas e dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas. Durante as mobilizacións, convocadas polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da central sindical, instouse aos Gobernos español e galego a poñer os coidados no centro das políticas públicas. […]
O 20% dos expedientes que entran nos xulgados do Social de Galiza son da CIG, están escritos en galego e moitos deles conteñen unha solicitude expresa para seren tramitados na nosa lingua. Porén, esta petición raramente é atendida, incumpríndose deste xeito a Lei de Normalización Lingüística e vulnerándose os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes. Isto […]
A FGAMT-CIG vén de anunciar que non descarta convocar folga nos servizos de transporte público interurbano e escolar no caso de que a Xunta non resolva as problemáticas detectadas, sobre todo no que ten que ver coa subrogación do persoal por parte das empresas adxudicatarias e co empeoramento das condicións laborais como consecuencia do previsíbel […]
O desemprego medrou novamente en Galiza no mes de decembro -algo que non ocorría desde 2011, xa que se trata dun mes tradicionalmente positivo para a creación emprego- até acadar as 189.587 persoas desempregadas, 2.115 máis que no mes de novembro (+1,13%), pero 24.279 máis que en decembro de 2019 (un 14,69% máis). O incrementou […]
A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, acusa a empresa de inacción tras confirmarse un positivo por covid-19. entre o persoal do taller. Denuncian que a dirección non aplicou o protocolo existente, non lle comunicou o caso aos delegados/as de prevención, négase a facer PCR e remite […]
O DOG do 17 de agosto vén de recoller a resolución da Consellería de Política Social para a apertura das escolas infantís o 1 de setembro baixo a sombra da Covid-19. Dende o sector de Autonómica da CIG-Administración denuncian que a Xunta acorda a reapertura de servizos e centros de atención á infancia como son as escolas […]
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Xunta “vende como reforzo fronte á COVID-19 o simple cumprimento de ratios máximas en Infantil e Primaria. Denuncia ademais que a consellaría de Educación non informa de cales son os centros nos que se habilitan aulas, mestura aulas creadas con habilitadas para ofrecer unha cifra maior e pecha […]
A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre contabiliza 32.600 persoas ocupadas menos con respecto ao período anterior cando ao mesmo tempo recolle que o número de persoas paradas descendeu en 14.000. Esta disparidade revela até que punto hai que tomar con cautela os datos deste trimestre, tendo en conta que engloba o período máis […]
A CIG realizou unha concentración esta mañá ás portas dos xulgado do Social de Vigo para denunciar a represión sindical que está a sufrir a delegada sindical da CIG en GKN Automotive. Esta traballadora gañoulle un xuízo á empresa no que se recoñeceu a cesión ilegal por parte da contrata na que traballaba (Servicios Profesionales […]
A Federación de Banca da CIG desenvolveu unha xornada de mobilizacións este xoves en demanda dun convenio colectivo de Aforro digno e para rexeitar os recortes que pretende impor a patronal das antigas caixas (agrupadas na CECA), que afectan principalmente ás condicións laborais e salariais das traballadoras. A central sindical advirte que a patronal tamén […]
A CIG-Saúde rexeita totalmente a decisión da Xerencia da área sanitaria de Vigo de pechar unha planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, anunciada dous días despois das eleccións autonómicas, sen comunicación previa á representación sindical, e logo de ter declarado a dirección publicamente que este verán non se ían pechar plantas como en anos […]
A CIG-Industria de Vigo convoca dúas concentracións este xoves para denunciar que “a precariedade laboral mata” e en lembranza da traballadora da automoción que faleceu o pasado venres 12 en accidente laboral nas instalacións da empresa Componentes de Vehículos de Galicia. As protestas desenvolveranse este xoves 18 tanto diante da Inspección de Traballo en Vigo […]
A CIG considera que a aprobación do Ingreso Mínimo Vital (Real Decreto-Lei 20/2020, que sae hoxe publicado no BOE) pode ser un avance, pero entende que a súa posta en marcha resulta insuficiente se non se liga con outras medidas que favorezan a creación de emprego estábel e de salarios xustos. Máis se cabe nun […]