O Bloque Nacionalista Galego expresou esta mañá o seu rexeitamento a que se financie con recursos públicos a instalación de símbolos relixiosos na cidade, como é o caso do proxecto dunha macroescultura do Sagrado Corazón de Xesús na capela da Guía. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo canda o responsábel local […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu no Congreso a transferencia da AP9 argumentando a importancia estratéxica para Galiza desta vía que cruza o país de norte a sur por estrada, pero cuxas peaxes son unha “estafa legalizada” que soportan os 22.000 galegos e galegas que a usan a diario, peaxes que lastran a economía das […]
Día importante para que Galiza, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, a poucas horas do debate da Lei de transferencia da AP9 no Congreso, porque desde hoxe estará máis cerca a xestión galega desta vía clave para o país e, por tanto, o principio do fin dunha discriminación histórica e dun saqueo millonario en forma de peaxes […]
O Bloque Nacionalista Galego cualifica de “inaceptábel” a situación derivada do proceso de vacinación do persoal sanitario na área de Vigo. A fronte nacionalista faise eco das denuncias do colectivo de matronas do HAC e alerta de que persoal asignado a áreas críticas como reanimación inda non foron chamados a vacinarse. Reitera a necesidade dun […]
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou que o goberno español está a incumprir o III Convenio colectivo de Portos do Estado asinado cos sindicatos CIG, UGT e CCOO no ano 2019 e non está a actualizar as retribucións dos traballadores e traballadoras. Por iso, o BNG solicita a comparecencia do Ministro de […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu á cidadanía que extreme as precaucións posto que os datos seguen mostrando unha pandemia descontrolada en termos de contaxios, hospitalizados e UCIs ocupadas, e sendo xaneiro o segundo mes con máis falecementos, -369-, desde o inicio da crise. Neste contexto, a líder do BNG insiste en pedir un confinamento […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar publicamente a súa valoración a respeito do fracaso no proceso de negociación entre Xunta de Galiza, deputacións e Fegamp para articular un plan conxunto de axudas para o rescate do sector da hostalaría e do turismo. Para as nacionalistas as causas do fracaso nas negociacións obedecen unicamente ás […]
Diante da grave situación social, laboral e produtiva que atravesa e cidade de Vigo, e que veñen de ratificar os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa, o Bloque Nacionalista Galego demanda tanto ao Goberno municipal como á Xunta de Galiza un maior esforzo por promover a reactivación produtiva e a creación de emprego digno […]
O BNG vén de reclamar á Xunta no Parlamento galego que realice os investimentos necesarios para mellorar a rede de saneamento e depuración nos concellos que verten á Foz do Miñor e o desenvolvemento dun Plan de rexeneración e mellora ambiental para este espazo que forma parte da Rede Natura. Así o demandou o portavoz […]
A deputada do BNG, María Albert compareceu hoxe, xunto ao secretario xeral de Coalición polo Bierzo, Iván Alonso para presentar “por petición da Coalición” unha proposición non de lei no Parlamento galego co fin de abrir un proceso de diálogo que explore as opcións de encaixe territorial do Bierzo, partindo do seu recoñecemento como provincia […]
O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha Proposición Non de Lei para instar o Goberno español a negociar a adquisición das vacinas necesarias para frear o avance da pandemia no Estado con independencia do lugar de procedencia. Cabe lembrar que o BNG xa o reclamara no pasado mes de setembro por medio […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo referencia ao encontro previsto este venres entre o presidente da Xunta e o presidente do Goberno central para preguntarse cal foi o resultado para Galiza do primeiro encontro entre ambos dirixentes celebrado fai máis de dous anos, -xullo de 2018-, tendo en conta que os temas que o Goberno […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, reclama que o goberno cumpra os requirimentos do proceso de infracción aberto pola Comisión Europea sobre a falta de medidas para protexer os espazos integrados na Rede Natura. En resposta a unha pregunta enviada á Comisión sobre o incumprimento da normativa europea e o ataque á Rede […]
O pleno do Congreso previsto para o 2 de febreiro terá na orde do día a toma en consideración da Lei de transferencia da AP9 aprobada polo Parlamento galego, e que tivo ao BNG como principal forza política impulsora dun texto que tivo a propia portavoz nacional, Ana Pontón, como propoñente na súa primeira versión. […]
Nun momento en que a expansión do virus está descontrolada, con datos incluso peores que na primeira onda, a portavoz nacional, Ana Pontón, insiste na urxencia dun confinamento de dúas semanas, ampliables, por ser a medida máis eficaz para cortar a dramática cadea de contaxios, co que iso implica de vítimas mortais, persoas infectadas, hospitalizadas […]
A portavoz de Sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira demandou a realización dun estudo para determinar a mortalidade e morbilidade en Galiza dende o inicio da COVID 19 porque a pandemia, dixo, tamén son “probas complementarias e quirófanos non urxentes aprazados, presencialidade limitada e interrupción de coidados de patoloxías crónicas”. Neste sentido, exixiu “medios para […]
O BNG advirte ao Goberno galego de que sería un erro que calquera mudanza do modelo de residencias ficase só aí porque o coidado e a atención das persoas maiores e dependentes non se reduce ao modelo residencial e, neste sentido, reclamou da man da súa viceportavoz, Olalla Rodil, un modelo novo e integral de […]
O deputado do BNG, Daniel Pérez interpelou hoxe ao goberno galego co fin de coñecer as previsións do Executivo ante a grave crise do sector da hostalería por mor das restricións da pandemia. Un sector, dixo, que emprega directamente a máis de 60.000 galegos e galegas, crea miles de postos de postos de traballo indirectos […]
A deputada por Ourense, Noa Presas, demandou aos conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a posta en marcha dunha unidade específica de xeriatría no Centro hospitalario de Ourense (CHOU) ao tempo que criticaba o feito de que a cuarta rexión máis avellentada de toda Europa non conte aínda con este servizo no seu hospital de […]
O Bloque Nacionalista Galego trasladará ao Pleno do Concello de Vigo a problemática arredor das peaxes da AP9 e tamén a necesidade dalgunhas actuacións para corrixir o impacto do paso da autoestrada no ámbito urbano. O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou esta mañá en rolda de prensa a moción coa que […]
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou a situación que están atravesando moitos patróns e armadores galegos despois de que se fixese público o reiterado intento da Garda Civil de tramitar pola vía penal as capturas de especies en veda, como é o caso da cigala, como se dun delito contra a fauna […]
A virulenta evolución da pandemia cunha terceira onda descontrolada e un proceso de vacinación incerto dan lugar a un escenario que deixa obsoleto o proxecto de orzamentos presentado pola Xunta e que hoxe foi aprobado en solitario polo PP usando a súa maioría “absolutista e inútil” para vetar a máis mínima modificación dunhas contas que, […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cualificou de “feito histórico” que un total de seis grupos políticos da Eurocámara defenderan que a denuncia contra a precariedade laboral no SERGAS impulsada polo BNG e as Enfermeiras Eventuais en Loita quedase aberta durante a sesión da Comisión de Peticións celebrada hoxe. “Que a propia Comisión […]
O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao Comité de Seguimento Municipal da Covid 19 a proposta de que o Concello de Vigo faga obrigatoria a utilización de máscaras FFP2 polo persoal de todos os servizos municipais, incluíndo as empresas concesionarias e contratas. A fronte nacionalista urxe a despregar esta medida, garantindo a distribución deste material, en […]
A espera de coñecer as medidas que anuncie o presidente da Xunta, a portavoz nacional, Ana Pontón, critica que, pese a levar dez meses de loita contra a COVID, o xefe do Executivo sigue incapaz de anticiparse e vai por detrás do virus, reaccionando tarde e con medidas que non están funcionando para frear os […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha Proposición Non de Lei no Congreso para instar o Goberno español a modificar o artigo 91 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, para aplicar á distribución de auga, gas, calor, frío, enerxía eléctrica e demais modalidades de enerxía o tipo […]
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil tilda de “indignante e incomprensible” que a Xunta non adopte novas medidas contundentes para frear a terceira onda da Covid. Os datos de hoxe e das últimas semanas, explica a nacionalista constatan que o virus está descontrolado en Galiza e nesta situación non se pode agardar a semana que […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que o Concello de Vigo exprese formal e publicamente o seu apoio á Iniciativa Popular “Xabarín”, que promove a Mesa pola Normalización Lingüística e que demanda o aumento da programación infantil e xuvenil en lingua galega na TVG a través, entre outros, dunha canle 24h. “Segundo os últimos […]
Diante do descontrol da situación pandémica na área sanitaria de Vigo, onde xa se superaron os 3 mil casos activos (3153) e, singularmente, na cidade olívica cunha incidencia acumulada de 400, o Bloque Nacionalista Galego urxiu a actuar para despregar medidas adicionais que contribúan a frear a transmisión do coronavirus. A fronte nacionalista demandou ao […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cualifica de “primeira vitoria contra a precariedade laboral no SERGAS” a comparecencia dunha representación das Enfermeiras Laborais en Loita na Comisión de Peticións que terá lugar o vindeiro martes, 26 de xaneiro. Nesta sesión está previsto que Catuxa Lagarón explique os incumprimentos da normativa comunitaria, causados pola […]
O Bloque Nacionalista Galego, despois de manter varias reunións con representantes do sector, decidiu levar ao Congreso a demanda de baixar o tipo impositivo dos salóns de peiteado, barbería e estética de 21% actual a 10%. “Fixémolo primeiro cunha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado, que foi rexeitada polo voto negativo dos dous partidos do […]
O BNG vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a incorporar no plan de vacinación da COVID desenvolvido no hospital Montecelo de Pontevedra ao colectivo de celadores e celadoras, logo de que este grupo de profesionais quedara excluído da administración da vacina neste centro sanitario. A portavoz nacionalista […]
A expansión do virus en Galiza está descontrolada con datos tan demoledores que non deixan dúbidas da escalada, tanto en número de contaxios, falecementos e presión asistencial. Nos últimos dez días, a cifra de novos infectados COVID foi de 10.862, o que supón o 63% dos contaxios activos a día de hoxe. Neste contexto, a […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un novo encontro coas principais asociacións de hostalería e co cluster do turismo tras o que reclamou a posta en marcha dun plan de rescate urxente do sector, como medida inmediata, ao tempo que trasladou o apoio do BNG a un plan adicional de axudas coa participación das tres […]
A deputada e portavoz en materia de pesca do BNG, Rosana Pérez instou á Xunta a “investigar as posíbeis responsabilidades da empresa Babcock España, adxudicataria do servizo e mantemento de helicópteros de Gardacostas de Galiza”, así como penalizar os presuntos incumprimentos do contrato. O texto defendido pola nacionalista foi rexeitado polo grupo maioritario do Partido […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de advertir publicamente que o servizo de autobús urbano da cidade de Vigo inda non funciona ao cento por cento, e volveu urxir o seu reforzamento na perspectiva de que se poidan aplicar novas restricións de aforo por causa da evolución epidemiolóxica nos vindeiros días e semanas. A través dunha […]
BNG vén de presentar unha proposición non de lei no Parlamento galego para instar á Xunta a levar a cabo as actuacións necesarias para reverter os aproveitamentos hidroeléctricos á xestión pública e o seu aproveitamento, con fins de utilidade pública e interese social de xeito que estes recursos actúen como vector de crecemento económico, sobre […]
Ante a escalada de contaxios, que acada cifras de persoas infectadas pola COVID inéditas en Galiza, a portavoz nacional, Ana Pontón, volve pedir un confinamento de dúas semanas como medida contundente para frear a cadea de contaxios e salvar vidas, e insta á Xunta e ao Goberno español que activen unha medida “dura” pero que se ten […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro de traballo con alcaldes, alcaldesas e responsables municipais do BNG en Ferrolterra, no que tamén participou o deputado Ramón Fernández, para analizar unha comarca en estado crítico e baixo convocatoria de folga xeral. Tras o encontro, explicou as propostas nacionalistas para darlle futuro a unha comarca que […]
Após a reunión mantida nesta cuarta feira (20) por unha representación do BNG co Comité de Empresa de Alu Ibérica en Arteixo, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, acaba de presentar unha Proposición Non de Lei para instar o Goberno español á intervención pública da empresa como única maneira de salvar […]