Unha senda peonil de dous quilómetros de lonxitude entre os núcleos de Parada e Cuñas converteu á estrada provincial EP-0206 nun espazo de lecer para toda a veciñanza de Ponte Caldelas, completando un itinerario peonil que comeza no propio centro urbano da vila termal e permite acceder a unha paraxe no val do río Verdugo […]
O Concello de Ponte Caldelas atendeu un total de 283 consultas sobre asesoramento xurídico a través da avogada e 181 de atención psicolóxica durante o ano 2020. A avogada e a psicóloga realizan unha importante labor de atención e asesoramento á veciñanza do municipio, con proximidade, cariño, confidencialidade e de xeito totalmente gratuíto. Ademais das […]
‘Alén’ é primeira novela de Pablo Diego Dios, un veciño da Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas, que escolleu a súa aldea natal para ambientar este libro que busca aunar as tradicións do rural galego e evitar a perda das lendas que xeracións tras xeración se foron transmitindo oralmente de pais a fillos e entre veciños. […]
O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán […]
O Concello de Ponte Caldelas continúa traballando na posta a punto dos espazos públicos do municipio e, nesta ocasión, está a traballar nas cinco rotondas do Polígono Empresarial de A Reigosa. Estase a levar a cabo unha actuación integral nas glorietas que consiste nunha limpeza en profundidade, a colocación de malla antiherbas, a aplicación dun […]
O Concello de Ponte Caldelas iniciou o curso de preparación do exame da ESO na Casa da Cultura. Son en total 16 alumnos os que participan nas clases para formarse e obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria básico para calquera posto de traballo ou oposición. As clases lévanse a cabo mantendo a distancia de […]
Comeza 2021 e Ponte Caldelas prepárase para afrontar o ano máis inversor da súa historia: máis de 1,5 millóns de euros. Neste 2021 levaranse a cabo no municipio unha serie de “obras que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños do rural e do casco urbán e seguir modernizando un concello que […]
Unha semana máis volven as ‘Noites de Terraza’ a Ponte Caldelas. Con distanciamento social, uso obrigatorio de mscarilla e con todas as medidas hixiénico sanitarias establecidas. Coa seguridade como prioridade absoluta, o xoves haberá cine ás 22.00 horas, coa proxección da película ‘El mejor verano de mi vida’. O venres ás 21.00 horas terá lugar […]
O concello de Ponte Caldelas informa que dende hoxe se pode pedir cita para a ITV dos vehículos agrícolas do concello. As persoas interesadas en pasar a revisión técnica obrigada do seu vehículo agrícola teñen a oportunidade de aproveitar a visita que a unidade móbil vai realizar o próximo 8 de outubro, entre as 9 […]
Aproveitar a posición xeográfica de Ponte Caldelas, un territorio idóneo para a apicultura, para desenvolver toda a potencialidade que a produción de mel artesán pode achegar é o obxectivo dun curso de formación e inserción laboral, dirixido exclusivamente a persoas desempregadas, no que colaboran a Deputación Provincial e o Concello de Ponte Caldelas. A actividade, […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca os días 23, 24, 25 e 26 de abril os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso, para o levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir ao Concello de Ponte Caldelas os citados días, entre as […]
O Concello de Ponte Caldelas disporá en breve do seu Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS), un documento que é recomendado pola Federación Española de Municipios e Provincias e polo Goberno de España no marco das estratexias en materia de enerxía e medio ambiente e que mesmo xa é un requisito para acceder a determinados […]
Ponte Caldelas adianta este ano o calendario para os concursos de Redacción, Carteis e Fotografía da Festa da Troita. As bases, que xa foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local e están colgadas no sitio web www.pontecaldelas.org, establecen como prazo para a presentación dos traballos entre o 15 deste mes de febreiro e o 15 de […]
Dende este xoves, 7 de febreiro, e ata o vindeiro 3 de marzo, Ponte Caldelas acollerá a mostra “Rompe. Xoga en Igualdade“, impulsada pola Deputación de Pontevedra para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa da Cultura da vila de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas. […]
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, vén de solicitar unha entrevista formal co presidente da Xunta de Galicia, con motivo do comezo do novo curso político autonómico, aos efectos de abordar cuestións locais, pero tamén para defender a necesidade de que a Xunta de Galicia poña en marcha un novo xeito de distribuír fondos […]
Ponte Caldelas prepara xa a segunda edición do seu Entroido de Verán, que chega o próximo sábado, 16 de xuño, cunha gran expectación e importantes novidades. A día de hoxe xa confirmaron a súa presencia 5 comparsas e outros tantos grupos, incrementando así a presencia destes colectivos. O Goberno local caldelán, formado por PSdeG-PSOE, AVP […]
Hai tanto que ver en Ponte Caldelas que é fácil despistarse. Co ánimo de agrupar e reforzar a información turística que se achega ao visitante, o Concello en colaboración coa Deputación Provincial, vén de colocar dous paneis interactivos no comezo do paseo da Calzada e na entrada ao núcleo de Tourón, nos que é posible […]
Ponte Caldelas pecha esta semana o prazo de presentación de traballos para os seus concursos de Redacción, Carteis e Fotografía da Festa da Troita. O último día será este próximo venres, día 30, nas oficinas municipais. As bases, que están colgadas no sitio web www.pontecaldelas.org, detallan uns premios económicos de 400 euros para o mellor cartel, […]