Os profesionais da saúde falan alto e claro

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria levou a cabo a enquisa “Repensando a Atención Primaria. Un paso adiante”. sobre o conflito que vive a Atención Primaria. O obxectivo, dar voz aos profesionais de para coñecer as súas opinións sobre os problemas e recoller propostas de solucións. Difundiuse en redes sociais entre 22/12/2018 e 30/12/2018. Malia ser un momento complicado para a participación pola intensidade de actividades no traballo e no lecer durante estes días, recibíronse 298 contestaciones aportando multitude de propostas.

Acceso ao documento: https://www.agamfec.com/re-pensando-atencion-primaria-e-un-pasoadiante-onde-estamos-e-como-facemos-para-mellorar/

O presidente de AGAMFEC Jesús Sueiro, presentará O MÉRCOLES 16 de xaneiro o documento en rexistro, dirixido ao Parlamento de Galicia, a Consellería de Sanidade, o Ministerio de Sanidade e as Gerencias de Xestión Integrada de Galicia, lugares todos eles onde se debate estes días sobre a situación de Atención Primaria.

Os médicos de Atención Primaria pedimos un cambio real e profundo. OPE co 100% de prazas vacantes, 25% do orzamento de Sanidade como indica a OMS, 100% de sustituciones, 12 minutos por paciente, contratos de calidade, PACs con condicións laborais dignas? xa abonda de consultas saturadas.

Esperamos haber sintetizado as achegas de todos para construír unha voz con moitas voces que axude aos nosos políticos e xestores a coñecer a situación e tomar decisións baseadas nas necesidades reais da Atención Primaria.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM