Opinión por Vigo Denuncia | Pasaron once anos dende que Abel tomou posesión como Alcalde de Vigo!

Publicado por o día 17/07/2018 na sección de Opinión,Opinión por Vigo Denuncia

Opinión por Vigo Denuncia | Pasaron once anos dende que Abel tomou posesión como Alcalde de Vigo!

Non é só alcalde da cidade máis grande de Galicia, tamén é Presidente da FEMP (Federación de Municipios e Provincias de España!) e por se alguén tiña dúbidas do seu omnímodo poder tamén co-preside a Deputación de Pontevedra.

Pero Vigo segue agardando que alguén se ocupe de asfaltar as rúas, rehabilitar os edificios en ruínas, eliminar os coches que afogan a vida dos cidadáns, reducir os ruídos insoportables de autobuses, camións de lixo, pacificar o tráfico, ou poñer a disposicón da xente unha vivenda digna que poda pagar!

Once anos debera ser tempo suficiente para coñecer a quén temos por alcalde!

Dícía Abel cando chegou á alcaldía:

“Queremos facer fronte ao máis importante problema da cidade, o prezo da vivenda, aportando o solo no que se poidan construir as vivendas para a xente e non só para o mercado”Once anos despois o único proxecto urbanístico que se albisca no horizonte é o do Barrio do Cura eso sí, racaneando a vivenda protexida ao 30% mentres por contrapartida permítense 9 alturas que matarán para sempre as vistas da ría dende o balcón do Paseo de Alfonso!

Cando pasen outros vinte anos teremos que tiralas abaixo coa mesma senteza que pesa sobre a Colina de Castrelos, e que pagaremos todos!

Porque aquí sempre pagamos os mesmos: Auditorio Mar de Vigo (venderás o hotel coas prazas de garaxe incluídas?). Pero o máis sangrante foi ver como logo de agardar 20 anos pola resolución xudicial, e na cidade máis saneada do mundo (débeda cero) subastaron 40 vivendas de propiedade municipal para mercar catro leiras no Camiño do Chouzo! (o cabalo de Calígula non o faría mellor!)

E siguen a regalar o noso patrimonio: a parcela do Hotel Samil por 2,1 millóns é un regalo de 5.000 metros en primeira liña de praia que logo de 30 anos convertirán en apartamentos privados de luxo a prezos de escándalo! (fixéchedes a reserva a prezo tasado?)

— ¿Construir as vivendas para a xente non só para o mercado?
— Cae antes un mentiroso ca un coxo!

As desgrazas nunca veñen soas, a sorte deste homiño coas sucesivas corporacións é para non crer! Vigo careceu sempre de oposición: non polo que fixera Abel, senon simplemente porque preferiron pasar once anos a durmir arrolados polas lerias do seu presidente, e foron cómplices da subasta do patrimonio e seguen a pacer nas leiras de repolos máis caras do mundo (mentras cobran adicacións exclusivas!)

Ninguén marcou camiño alternativo algún, niguén denunciou a súa prepotencia e falta de transparencia (Vigo segue sen retransmitir os Plenos e o acceso aos mesmos é cousa difícil e moi ben controlada polo Servizo de Participación Cidadá!)

Claro que para “participar” temos un programa de televisión (que aínda non sabemos canto costa!) e Abel convencido de que é o mellor programa do mundo: porque preguntan os amigos, e el responde canto lle peta –o falar non ten cancelas- ás veces, ata nos mostra a Cristina sorrindo con resignación… Santa igualdade (ouvir e calar!)

¿Debates? ¿iso qué é? Cando Abel ten capacidade sobrada para facerse el mesmo as preguntas, respondelas e dar sempre a mellor solución posible, para qué necesitamos debates en Vigo, cando temos “súbditos” que tragan co conto de que a cruz do Castro xa non é a dos “Caídos por Dios y por España” logo dun vergoñento recurso contra a sentenza que obrigaba a retirala… mentres tanto a tumba do ditador vai ser removida do Val dos Caídos e o Pazo de Meirás recuperado por resoluciónunánime do Parlamento de Galicia, pero Vigo seguirá presidido pola Cruz de Abel.

Aos catedráticos os xubilan forzosamente aos 70 anos (aínda que algún pense que está no mellor da vida!) pero os alcaldes semellan ser eternos!

Cando a xente –por respecto- non se atreve a dicirlle o que pensa da situación, un “home sabio” debera recoñecer que tanta unanimidade resulta sospeitosa, a cidadanía sorrí e fala polo baixo, como facían os súbditos cando pasaba o Rei…

Unha cousa boa: os 300.000 € gastados en recuperar o órgano da concatedral de Santa María foron ben gastados sempre que teñamos concertos regulares (sen culto) e coa presentación pública da organista e das obras do programa por musicólogos expertos que fagan posible regalar un pouco de cultura a esta ciudadanía de terraza e copas que conforman a cidade.

Pero facerse amigo do bispo Fiuza no ocultará nunca a falsidade perpetrada contra a Orde dos Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis na persoa dun vigués distinguido, o cesado Donaire (ao que acusaron anónimamente de malversar fondos e como non tiñan probas agora arremeten contra a súa persoa por abusos sexuais continuados contra dous enfermos mentais ao seu coidado (un deles declarado incapacitado), estupendos testigos de cargo! Mentras o bispo Fiuza tramitou unha Fundación que transfire todo o patrimonio desta orde ao Arzobispado de Barcelona, e reducindo as prazas do albergue pasan a cobrar centos de miles de euros do Concello de Vigo!

Temos un “mafioso” traballando de cara ao público por alcalde, que baixa pianos de cola ás rúas pero é incapaz de recibir aos pobres que acampan baixo a súa ventana por máis dun ano enteiro (invierno e verán!), este é un triste récord que non ocultará ninguha vasoira de platino!

A aporofobia (odio aos pobres) non pode seguir sendo a política social de Vigo, se non remediamos este comportamento discriminatorio e público xurdirán, máis cedo que tarde, os fungos da xenofobia e do racismo na cidade.

Non podemos consentir que se siga a invisibilizar a pobreza en Vigo mediante tarxetas de crédito para os supermercados ou subvencións encubertas que deixan fóra aos que precisan con maior urxencia unha casa digna (non un choupano), aos que precisan unha axuda humana, unha man amiga que os levante para darlles oportunidade de refacer as súas vidas rotas! Non son millóns o que precisamos, son collóns para mirar aos ollos da xente excluída por un sistema sen alma que se chama neoliberalismo!

A pobreza existe en Vigo, é enorme e estase cronificando día a día sen que ninguén mova un dedo para darlle solución. Serán a novas ONGs que “buscan pobres” as que reciban as axudas que deberan estar destinadas a eles? Serán…

Mentres o Cabalo de Calígula segue a financiar aos máis ricos con 155.000 € por catro días de festas culinarias (SeaFest), os pobres Armadores de Vigo (ARVI) seica precisan axuda para cocer o marisco que se papan… cando o peixe fresco da ría hai tempo que desapareceu dos mercados da cidade –convertidos en boutiques gastronómicas- e os prezos resultan prohibitivos para calquera economía familiar.

Vigo descargará a aplicación de ABANCA e pagará os petiscos gastronómicos dúas veces, mentres Abel fala e fala da cidade intelixente (SmartCity), os semáforos que ían regular o acceso ao Casco Vello, están sendo investigados pola fiscalía anticorrrupción!

Precisamos con urxencia poñer punto final a unha política de dinosetos e baldosas que oculta o que non queremos ver!

 
Este escrito foi remitido aos membros do Pleno do Concello para dar conta da opinión de parte da cidadanía de Vigo.  Pleno a celebrar o 18 de xullo Abel mediante…!

2 Respuestas a "Opinión por Vigo Denuncia | Pasaron once anos dende que Abel tomou posesión como Alcalde de Vigo!"