Ao longo desta semana un total de 79 persoas comezarán na provincia cinco novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2018“. Os talleres iniciaranse nos municipios de Ponteareas, Poio, Vigo e Meaño. “Depo en Marcha” é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros e actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e evitar o illamento e a soidade.
Máis polo miúdo, en Ponteareas comeza mañá martes un obradoiro de Licores Caseiros na Asociación Cultural Casa Cultural de Arcos, no que van a participar 17 persoas todos os martes, de 17:00 a 19:30 horas, ata o 18 de decembro.
En Poio, tamén mañá, 19 persoas do Centro Social do Concello de Poio iniciarán un taller de Baile de Salón, que será todos os martes e venres, de 20:00 a 22:30 horas, ata o 23 de novembro. Tamén en Poio, 15 persoas da Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Lourido van iniciar este venres o mesmo obradoiro (Baile de Salón), que terá lugar tódolos venres, de 17:00 a 19:00 horas, ata o 28 de decembro.
Por outra banda, en Vigo, a Asociación Veciñal Fonte do Galo organiza un obradoiro de Arte Floral os mércores, de 12:00 a 13:30 horas, ata o vindeiro 26 de decembro, unha actividade para a que están inscritas 15 persoas.
En Meaño, comeza o xoves un obradoiro de Internet-Correo Electrónico-Móbil na Asociación Veciñal San Juan de Meaño, no que van a participar 13 persoas todos os xoves, de 20:00 a 22:30, ata o 27 de decembro.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.