O príncipe das bateas sofre unha posible rotura fibrilar na súa perna dereita e Nolito tamén ten unha lesión muscular

Ambos serán sometidos a probas para determinar o alcance exacto das lesións.
Publicado por o día 03/01/2021 na sección de Deportes,1ª división,Celta,Fútbol

O príncipe das bateas sofre unha posible rotura fibrilar na súa perna dereita e Nolito tamén ten unha lesión muscular

Malas novas para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar lesionado ao comezo da segunda metade do encontro ante o Real Madrid. O canteirán celeste sofre unha probable rotura fibrilar nos isquiotibiais da súa perna dereita. Pola súa banda, Nolito tamén sofre unha lesión muscular producida no encontro de hoxe. Ambos serán sometidos a probas médicas nos próximos días para determinar o alcance exacto das súas lesións.