O lindano está por todo O Porriño, na Avda. de Galicia e en Sanguiñeda-Mos debaixo da discoteca Queen

Publicado por o día 06/04/2018 na sección de Galicia,Mos,O Porriño,Plataforma Anti-lindano da Louriña,Social

O lindano está por todo O Porriño, na Avda. de Galicia e en Sanguiñeda-Mos debaixo da discoteca Queen

Dende a Plataforma Antilidano da Louriña comunicamos que, despois de visionar a gravación do pleno municipal do Porriño do día 19 de marzo (http://mediateca-oporrino.seneca.tv) non entedemos como este mesmo goberno municipal, que nos tacha de alarmistas e irresponsables, concretamente o Concelleiro de Medioambiente, o señor Marcelino Coto, recoñece abertamente marzo que:

• O lindano está por todo O Porriño, na Avda. de Galicia e en Sanguiñeda-Mos debaixo da discoteca Queen.

• Hai testemuños de que tamén podería haber lindano nas paredes da presa de Eiras.

Esta presa abastece a Vigo, Redondela, Mos, O Porriño e Salceda. De quen é a irresponsabilidade? Todo apunta a quen ostenta un cargo político e fai este tipo de afirmacións nun pleno. Se saben que o lindano está na Avda. de Galicia, a que agardan para traballar na descontaminación tamén aquí? Se hai a máis mínima sospeita de que pode haber lindano na presa de Eiras, algo gravísimo, ¿púxose en coñecemento dos concellos afectados? Afecta isto a auga que estamos a consumir? En que mans estamos?

Por otra banda, chéganos rumores de que posiblemente don Carlos Calzadilla, Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental da Consellería de Medioambiente e dona María Diéguez, Xefa do Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, poden ser cesados. Descoñecemos se é pola mala xestión do tema pero podería ser tanto causa como efecto do retraso na emisión dun informe cos resultados e a presentación dun plan de actuación.