O Grupo Socialista critica que o proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia quede “a medio camiño” para acadar unha xestión sostible

Paloma Castro lamenta que o PP só aceptase 15 das 112 emendas presentadas polo Grupo Socialista

A deputada socialista Paloma Castro vén de criticar que o proyecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados quede “a medio camiño” para poder ser un instrumento “que permita acadar unha xestión sostible de residuos” en Galicia. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento, durante a elaboración do ditame sobre o proyecto desta lei.

“Creemos que unha nova lei de residuos e solos contaminados en Galicia era necesaria e imprescindible, pero lamentamos que este texto quedase a medio camiño”, aseverou a socialista. Neste senso, lamentou que o texto legal non se poida converter nunha “ferramenta xurídica para dar un xiro cara o novo modelo europeo e mundial de economía circular”.

Así, Castro lamentou que o PP só aceptase 15 das 112 emendas presentadas polo Grupo Socialista e que “as poucas que foron aceptadas ou transacionadas, fixérono en aspectos moi puntuais que, en ningún momento, mudaron ou adaptaron o espírito do texto normativo cara o que nos pretendiamos”.

A responsable socialista sinalou que as posturas en relación a un modelo de gestión “non teñen que ser brancas ou negras”, polo que pediu tentar acadar un “un ton intermedio entre o modelo de gestión de residuos centralizado imperante na actualidade e o modelo de próxima e intermediación” polo que apostan os socialistas.

Por último, a responsable socialista criticou que esta lei “necesaria” chega “tarde”, xa que, “aínda que a redacción inicial é de 2018, debería terse adaptado ás modificacións que, durante estes anos, se levaron a cabo no marco da Unión Europea”, que “non foron poucas”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM