A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a segunda adxudicación das prazas do programa “En ruta coa Depo”, unha iniciativa que lles permite ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, ofértanse 594 prazas correspondentes a 9 entidades que quedaron na lista de agarda da primeira adxudicación, quenda na que se adxudicaron 19.951 prazas correspondentes a 296 entidades.
“En ruta coa Depo” 2019 oferta este ano máis de 20.000 prazas distribuídas en 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia, que se dividen en rutas temáticas, culturais, marítimas, adaptadas para persoas con mobilidade reducida, dinámicas e interxeracionais. Esta iniciativa pretende mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais, promovendo a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación da provincia.
Amais, o obxectivo deste programa da Deputación de Pontevedra é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar as asociacións de recursos para fomentar o envellecemento activo e promover os valores máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, poida sentirse orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao contorno. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia co acompañamento dunha ou dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia, e inclúe xantar e transporte.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.