Chegóu o día, foi hoxe venres,o CSOA A Quinta da Carmiña ubicada na rúa do Carme, pechou as súas portas, non por decisión propia, se non por orde xudicial, xa que o propietario do inmoble okupado, o banco malo, a SAREB, decidiu que é preferible “arruinar o espazo” a que a xente se asocie libremente pra xestionalo.
Ese banco malo, a SAREB (Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria), estivo capitalizado, no seu momento, polo estado, é dicir, polos impostos de tod@s (tod@s pagamos impostos cando mercamos, traballamos, obtemos licencias…) pra que os bancos e os seus xestores, os banqueiros, se puideran desfacer de activos tóxicos, que é como adoitan chamar os economistas, aos inmobles de difícil venda e que só producen pra o propietario perxuizos económicos.
Así pois, a xustiza sentenciou que un propietario debe ter a propiedade efectiva dun inmoble que cataloga coma tóxico, no canto de ser xestionado por un grupo heteroxéneo de persoas que lle estaban a dar uso ao mesmo, coa intención de dinamizar social e culturalmente unha zona na que o tecido social comeza a desaparecer polo envellecemento da poboación do barrio e o urbanismo colindante. É dicir, a xustiza di que un banco de titularidade semi-pública, con diñeiro de tod@s, pode deixar caer a cachos unha edificación de fináis do s. XIX, pode deixar medrar a vexetación do solar ate que afecte @s veciñ@s, pode ser un enorme niño de ratas, por ser propietario legal, aínda que non queira facer nada co espazo, xa que non hai solicitude de licencia de ningún tipo para este inmoble por parte da SAREB. Pero non pode sequir sendo utilizado pra facer obradoiros, coloquios, obras de teatro, concertos , ensaios e aulas de distintas disciplinas, todo de forma gratuita, por persoas asociadas sen ánimo de lucro que entregan parte do seu termpo de lecer a promoveren actividades culturáis xunt@s. E todo isto, a pesares da prioridade que a Constitución Española (e prácticamente todas as constitucións europeas) outorga ao carácter social de toda propiedade privada, en especial, da vivenda.
Polo tanto, aínda que a Constitución recolle a necesidade de darlle un uso social e racional á propiedade, aínda que o centro social nunca quixo posuir a propiedade, se non darlle uso, aínda que a SAREB vai tratar o inmoble coma un activo tóxico e non coma un espazo cheo de posibilidades, aínda que non quixeron negociar en ningún momento unha solución pactada, aínda que van deixar arruinar a casa e o terreo… o sistema (falamos do sistema impersoalmente porque estamos seguros de que ningunha persoa razonable tomaría esta mesma decisión) decidiu desaloxar o espazo, polo que o CSOA A Quinta da Carmiña abrirá hoxe mércores 18 de setembro do 2019 por derradeira vez.
Nas redes sociais as persoas que levan o CSOA manifestaron esta semana
“O Desaloxo está previsto pra o venres día 20 ás 11 de mañan, polo que recomendamos-vos que pasedes a esa hora polas proximidades do centro social, para lembrar-lles aos poderosos que temos voz!”
Tras do desaloxo
Tras do desaloxo, quedaron sete anos de posta en común de ideas, de debates políticos e culturáis, de creatividade, de palestras, de exposicións, de teatro, de música en vivo, de actuacións de toda índole e estilo, dende punk a jazz, dende elecrónica experimental a batucadas,. Sete anos os visitaron artistas e poñentes de Chile, Brasil, Arxentina, Italia, Francia, Portugal, Suiza, Suecia, Gran Bretaña, Polonia… e dende todos os rincóns do territorio estatal. Sete anos de xente aportando ideas, experiencias… sete anos partillando… sete anos de xente indo e vindo.
“Pero para desgracia de xente coma os banquieros, estes sete anos non serán desaproveitados. Esas relacións sociáis que se teceron, xa non se poden destecer e aqueles que estivemos, e estamos implicados no proxecto, non vamos quedar nas nosas respectivas casas a chorar. Sabemos desintoxicar espazos, así que teremos que adicarnos ao que sabemos facer. Alí onde haxa un activo tóxico en forma de solar, haberá un desintoxicador sen ánimo de lucro que o desintoxique”, declaran.
Desde a Quinta
“A Carmiña non era santa, nin beata, mais o seu espírito elevarase entre nós pra guiarnos cara próximas actuacións. Que a forza da Carmiña nos acompañe!”
“Os nosos máis profundos agradecementeos e cariño para todas as persoas que teñan participado dalgún xeito neste proxecto! SAÚDE!”
“UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!”
Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.
Una respuesta para "O CSOA A Quinta da Carmiña hoxe xa é historia, foi desaloxado, sete anos de historia en Vigo"