O Concello do Porriño anuncia a venda dunha parcela de titularidade municipal á firma “IBEREMBAL” por un importe de 960.000 euros, cantidade á que hai que engadir o correspondente 21% de IVE.
O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7. A firma compradora vai construir unha fábrica de envases metálicos para conservas alimenticias.
“IBEREMBAL” fora a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.
A operación realizase mediante un decreto da Alcaldía, despois de que no último pleno da Corporación Local, celebrado o 30 de decembro, a suma de votos doe PP máis EU Son, bloquease a aprobación da venda que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal.
Segundo estableceu o pacto de goberno municipal que firmaron PSOE e BNG, a Alcaldía delegou no pleno da Corporación, desde decembro de 2019, as competencias sobre vendas, permutas, arrendamentos e cesións de bens inmobles de titularidade municipal. Sen embargo, debido ao bloqueo motivado polos votos do PP e máis EU Son, a Alcaldía decidiu avocar para sí esta competencia delegada con carácter especial para a formalización da venda desta parcela, segundo o decreto firmado pola alcaldesa, Eva García con data de 12 de xaneiro.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.