O Concello de Silleda abre un prazo de inscrición para todos os veciños e veciñas que estén interesados en participar no intercambio cultural que se celebrará o vindeiro mes de agosto coas localidades de Caneján (Francia) e Poggio Mirtetto (Italia).
Unha delegación con veciños e veciñas destes dous países visitará Silleda do 13 ao 20 de agosto participando en distintas actividades, celebracións e roteiros que se están a organizar dende o Concello e o Comité de Irmandamento de Silleda.
Todas aquelas persoas ou familias interesadas en acoller aos participantes no intercambio poden inscribirse ata o vindeiro día 15 de xuño enviando un mail ao enderezo [email protected].
Así mesmo, as persoas e familias acolledoras terán preferencia para participar en futuros intercambios nestas ou noutras cidades europeas.
“Cremos que este intercambio será unha experiencia moi positiva e enriquecedora tanto a nivel social como cultural. Por suposto abriremos a todo o público ademais todos os actos que xa se están a organizar para dar a coñecer os nosos valores culturais, naturais patrimoniais; pero queremos tamén contar con familias silledenses para fomentar a esencia do intercambio”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
O municipio de Silleda participou o pasado ano en Caneján nun intercambio no que tamén estiveron presentes veciños e veciñas da cidade italiana, situada a uns 40 kilómetros de Roma.
“Temos que devolverlles o agarimo e hospitalidade que nos brindaron entón por iso apelamos á participación dos veciños e veciñas de Silleda”, engade o rexedor.
Cuiña defende que a participación tanto en programas europeos de desenvolvemento como en intercambios coma este –que conconrreu ao programa Europa con los ciudadanos- “serán experiencias únicas e enriquecedoras para a sociedade silledense”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.