O Campo do Lourambal será escenario, dende o vindeiro día 18, do ‘3º Curso de Monitor de Fútbol Base’, organizado pola Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello do Porriño

Campo do Porriño Industrial, Lourambal, será o lugar elixido pola Federación Galega de Fútbol para o desenrolo do 3ºCurso de Monitor de Fútbol Base, que empezará o vindeiro día 18 de xuño, e que cunha duración de 65 horas habilitará aos asistentes para adestrar nas categorías inferiores.

A presentación deste curso tivo lugar no Concello do Porriño coa presencia da alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Gustavo Falqué, o coordinador do Porriño Industrial C.F., Claudio Giráldez, o Director da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, e o coordinador dos cursos do Baixo Miño, José Manuel Mosquera.

As persoas interesadas en participar neste curso, que ten un custo de 150€, deben ter,cando menos, 16 anos de idade e poden inscribirse  entrando na páxina web da Federación Galega,  www.futgal.es.

O vicepresidente da Federación Galega de Fútbol salientou a aposta decidida pola preparación dos adestradores para que “as nenas e nenos que practican este deporte estean nas mellores mans e inicien a súa formación neste primeiro ciclo que pode seguir ata a titulación UEFA”.

Os responsábeis da Escola de Adestradores coincidiron na importancia que ten o feito de que os novos técnicos transmitan aos seus xogadores e xogadores, amaís de coñecementos para que sexan mellores deportistas, e valores para que, ademais, mellores persoas.

Pola súa banda, Manuel Carrera, que foi deportista profesional, logo de felicitar ao Porriño Industrial polo seu ascenso, subliñou que no Porriño, na actualidade, hai máis de 1.000 licencias de futbolistas, “un número moi importante…non sei de concellos de 20.000 habitantes, coma o noso que teñan un número tan alto de fichas, ás que hai que engadir as dos resto das modalidades que se practican na nosa vila”.

Por último a alcaldesa, quen amosouse segura de que ao éxito do Porriño Industrial se sumará o do Atios, lembrou a constante colaboración do Concello do Porriño e a Federación Galega de Fútbol, e transmitiu a súa felicitación porque ademais de en aspectos deportivos, este curso “contribúa á formación de persoas, en valores coma a solidariedade, o esforzo, a amizade, a entrega ou o compañeirismo”.

Eva García de la Torre reiterou que O Porriño é o ‘Concello do Deporte’ e, logo de facer un repaso aos éxitos dos equipos e dos deportistas porriñeses este ano, indicou que o Goberno local adica 1 millón de euros anuais, “sobre un total dos 17 millóns que temos nos orzamentos” a subvencionar aos clubs e as prácticas deportivas no noso concello.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM