O barrio vigués de Navia botásese á rúa novamente contra o salón de xogos no seu barrio

O barrio con maior poboación xuvenil da cidade, Navia, tivo no día de hoxe unha rolda de prensa para mostrar novamente a súa repulsa contra o salón de xogos que se pretende abrir no barrio.
Publicado por o día 17/04/2019 na sección de Eventos

O barrio vigués de Navia botásese á rúa novamente contra o salón de xogos no seu barrio

Nestes últimos anos na cidade de Vigo esta proliferar numerosos salóns de xogo, por iso, distintos colectivos Foampas, a Rede de Solidariedade Popular, Os Ninguéns e a Asociación Galega de Xogadores Anónimos criticaron a apertura dun novo salón de xogos en Navia, critícaa tivo lugar no local da Asociación Veciñal Novo Vigo, a asociación veciñal de Navia. O barrio con maior poboación xuvenil da cidade, Navia, tivo no día de hoxe unha rolda de prensa para mostrar novamente a súa repulsa contra o salón de xogos que se pretende abrir no barrio.

Esixen que se tomen medidas de control ante o fenómeno das apostas deportivas e lembran que Navia é a zona na que reside unha maior poboación nova da cidade.

Hoxe anunciaron que accións levarán a cabo para mostrar o seu rexeitamento á apertura desta sala e concienciar aos máis novos para que non caian nas redes deste tipo de xogos.

O 13 de abril varios veciños botáronse á rúa, a acción foi poñerse en fronte da porta deste salón de xogos, salón que habían empapelado o establecemento con carteis alertando os perigos que este tipo de salóns xeran na sociedade, diversos colectivos e asociacións en España falan que é a nova heroína deste século.

Na rolda de prensa realizada esta mañá solicitan que o Concello de Vigo, aínda que non ten competencias neste aspecto, promocione esas alternativas saudables e mostre unha oposición frontal á proliferación de negocios desta índole.

Datos

Desde que en 2011 autorizouse o xogo online, o gasto en xogos e apostas na internet e o número de usuarios non deixou de crecer. Segundo a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, entre 2012 e 2017, o gasto en apostas multiplicouse por 5, pasando de 1.380 a 7.538 millóns de euros. Tamén o número de páxinas de xogo online aumentou en pouco tempo, do mesmo xeito que os salóns de xogo.

Con respecto á publicidade, segundo datos da consultora Infoadex, en 2017 emitíronse 69.739 anuncios en televisión e rexistráronse máis de 2 millóns e medio de impresións publicitarias na internet sobre casas de apostas e casinos online. En 2018, esta cifra aumentou a 137.285 anuncios no caso da televisión e a máis de 14 millóns no caso das impresións publicitarias na internet.

O plan nacional de drogas sinala que un 6,4% dos mozos de 14 a 18 anos aposta por internet e un 13,6% o fan de forma presencial.

Hemeroteca

A edición local de La Voz de Galicia do 20 de marzo de 1999 recolle o primeiro peche dunha sala de xogos próxima a un centro escolar grazas á presión veciñal. O local estaba na rúa Torrecedeira e as denuncias foron decisivas. O establecemento recibiu a orde de suspensión de actividades recreativas e de xogo por carecer de licenza. «Se se aplicase a normativa vixente para a instalación de novas salas de xogos aos locais dedicados a esta actividade abertos actualmente en Vigo a metade deles terían que pechar. O regulamento da Consellería de Xustiza, publicado no BOE do 3 de abril de 1998, especifica que en ningún caso autorizarase a apertura dun salón a unha distancia inferior a 150 metros dun centro escolar. Coa lei na man, pais de alumnos e veciños do Instituto Politécnico conseguiron clausurar un local próximo. As denuncias máis frecuentes son o ambiente enrarecido e o temor a que os menores se afeccionen ao xogo», conta.

Quizais os barrios de Vigo terían que volver outra vez á rúa para pechar as casas de apostas que proliferan nos barrios obreiros da cidade.

A mobilización

A mobilización terá lugar diante desta sala de xogos do barrio vigués o día 30 deste mes ás 20:00h na contorna do Merkur de Navia.

E estes son os colectivos que apoian ata a data:

AGAJA
ANPA Párroco Don Camilo
ANPA “O Muiño”
APAMP
Asociación Veciñal A Miñoca
Asociación Veciñal Emilio Crespo
Asociación Veciñal Novo Vigo
CCOO
CGT
DISTOPÍA
DORNA
FOANPAS
MODEPEN
Oficina Dereitos Sociais
Os Ninguéns
RSP Vigo
Sindicato de Estudantes

Fotografías da pasada mobilización