Lanzan o manifesto en apoio ás 19 de Meirás

A existencia dunha fundación que realiza apoloxía do fascismo e da ditadura, como a Fundación Francisco Franco, é unha anomalía nun Estado que se diga democrático. Máis aínda se para esa función recibe subvencións públicas, provenientes dos impostos de todas e todos. Nun Estado en que se está a castigar a liberdade de expresión resulta absolutamente inadmisíbel que a Fundación Francisco Franco teña plena liberdade para desenvolver a súa actividade de ‘exaltación’ do ditador e mesmo se permita denunciar por ‘delito de odio’ persoas demócratas como o grupo de activistas galegas e galegos que en agosto de 2017 realizaron unha acción simbólica no Pazo de Meirás para reclamar a súa devolución ao patrimonio público. É unha burla a todas as vítimas do franquismo e a todas e todos os demócratas que debe finalizar xa. Por iso reclamamos a inmediata ilegalización da Fundación Francisco Franco.

Por todo isto, veñen a lanzar un manifesto co obxectivo de reclamar a intervención dos poderes públicos para que o patrimonio usurpado após o golpe de estado fascista polo ditador Francisco Franco sexa recuperado para o pobo galego

Diversas persoas de relevancia do mundo da cultura e da política galega e internacional lanzan un manifesto en apoio ás 19 persoas imputadas por denunciar o Franquismo en Meirás.

Piden contar co teu apoio. Podes ler e asinar o manifesto nas seguintes ligazóns:

Galego | Catálá | Castellano | English | Euskera | Français | Italiano | Português | APOIOS RECIBIDOS

Promotoras do manifesto:

_ Carlos Babío
_ Paula Carballeira
_ Paulo Carril
_ Cristina Domínguez
_ Pilar García Negro
_ Sonia Lebedynski
_ Margarita Ledo
_ Miguel de Lira
_ Ana Miranda
_ Alfonso Pato
_  Óscar Pazos
_ Manuel Pérez Lourenzo
_ Ana Pontón
_ María Reimóndez
_ Manuel Rivas
_ Francisco Rodríguez
_ Uxía Senlle
_ Suso de Toro
_ Artur Trillo

Apoios internacionais:

_ Ramón Cotarelo, escritor e politólogo.
_ Willy Toledo, actor e activista.
_ Lluis Llach, músico, cantautor e activista catalán.
_ Ramón Grosfoguel, sociólogo portorriqueño e profesor na universidade de Berkley
_ David Minoves, presidente do Centre Internacional Escarré per a las Minories Ètniques i les Nacions, CIEMEN
_ Josep Cruanyes i Tor, presidente da Comissió de la Dignitat, Catalunya.
_ Bernardo Atxaga, escritor vasco.
_ Valtònyc, rapeiro e exiliado político.
_ Arnaldo Otegi, coordinador xeral de EH Bildu
_ Dimitris Papadimoulos, Vicepresidente do Parlamento europeo.
_ José Bové, deputado de Les Verts (Franza) no Parlamento europeo
_ Barbara Spinelli, deputada da Comisión das Liberdades (Italia).
_ Jordi Solé, deputado de ERC no Parlamento europeo.
_ Martin Schwirdewan, deputado de Die Linke no Parlamento europeo.
_ Martina Andersson, deputada do Sinn Féin no Parlamento europeo.
_ Marie-Pierre Vieu, deputada do Front de Gauche (Franza) no Parlamento europeo.
_ Bart Staes, deputado de Groenen (Flandes) no Parlamento europeo.
_ Stelios Kolouglou, deputado de Syriza (Grecia) no Parlamento europeo.
_ Izaskun Bilbao, deputada do EAJ-PNV no Parlamento europeo.
_ Jordi Sebastiá, portavoz de Compromís no Parlamento europeo.
_ Marisa Matías, deputada do Bloco de Esquerda no Parlamento europeo.
_ Joao Ferreira, deputado do PCP no Parlamento europeo.
_ Ana Gomes, deputada do PS de Portugal no Parlamento europeo.
_ Pascal Duran, deputado de Les Verts (Franza) no Parlamento europeo.
_ Marco Affronte, deputado independente de ALE-Os Verdes (Italia) no Parlamento europeo.
_ Miroslav Mitrofanovs, deputado independente de ALE-Os Verdes (Letonia) no Parlamento europeo.
_ Jean Lambert, deputada de Greens (Reino Unido) no Parlamento europeo.
_ Daniel Caggiani, deputado do Frente Amplio de Uruguai.
_ Diego Mansilla, deputado Mercosur (Arxentina).
_ Ricardo Canese, parlamentario Mercosur (Paraguai)
Orquidea Minetti, deputada do Frente Amplio de Uruguai.
_ Lilián Galán, deputada do Frente Amplio de Uruguai.
_ Manuela Mutti, deputada do Frente Amplio de Uruguai.
_ Julio Battistoni, deputado do Frente Amplio de Uruguai.
_ Sebastián Sabini, deputado do Frente Amplio de Uruguai.
_ Luís Gallo, deputado do Frente Amplio de Uruguai.
_ Jorge Meroni, deputado do Frente Amplio de Uruguai.
_ Ernest Urtasun, deputado de ICV no Parlamento europeo.
_ Miguel Urban, deputado de Podemos no Parlamento europeo.

Máis apoios recibidos.

Desde a plataforma as 19 de Meirás piden que lles botes unha man para acadar o obxectivo!

Berran decindo #FranquismoNuncaMáis.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM