Greenpeace organiza en Vigo unhas xornadas alternativas ao ‘Black Friday’

Publicado por o día 25/11/2019 na sección de Galicia,Eventos,Greenpeace,Social,Vigo

Greenpeace organiza en Vigo unhas xornadas alternativas ao ‘Black Friday’

O grupo local de Greenpeace en Vigo organizou a terceira edición de HAZ os próximos 29 e 30 de novembro, un evento internacional alternativo ao Black Friday que ten como obxectivo combater as compras innecesarias e masivas con accións máis respectuosas co medioambiente como crear, compartir, intercambiar ou reparar.

A nova edición de HAZ dará comezo o venres 29 no Centro Cívico de Teis ás 18:00 sobre un taller de electricidade básica e outro sobre cociña sustentable, no cal se impartirá un lección sobre como cociñar yogurt e leite vexetal de forma caseira.

O sábado 30, de novo no Centro Cívico de Teis, concentrará a maior parte dos talleres como, por exemplo, sobre alternativas ao consumo, reparación de bicicletas, elaboración de compostaxe co que reducir os nosos desperdicios orgánicos e convertelos en abono; un taller para nenos e niñaso unha mesa redonda sobre consumo responsable e sustentable.

Aquelas persoas interesadas en asistir e participar dos talleres, débese reservar praza entrando na seguinte páxina web: https://forms.gle/XBB9t97fpa7SpobV9.