Gómez Reino cualifica de vacuo e artificial o discurso de Feijóo, sen folla de ruta para pular polo país

O deputado de Galicia en Común no Congreso pídelle ao 2021 «menos propaganda do PPdeG instrumentalizando a Xunta e máis defensa do público e do común»
Publicado por o día 02/01/2021 na sección de Política,En Común Unidas Podemos

Gómez Reino cualifica de vacuo e artificial o discurso de Feijóo, sen folla de ruta para pular polo país

O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, referiuse hoxe ao discurso de Feijóo como artificial e vacuo. “Un exercicio máis de propaganda en plasma que disimula a total inhibición do presidente galego na xestión da pandemia evita o esencial: definir unha folla de ruta para a recuperación do noso país”.

“O discurso é outro exemplo máis do que Feijóo e o PP representan na Xunta de Galicia: un  presidente máis preocupado dos seus intereses político e de erosionar e sabotear a acción do Goberno que de tecer redes entre Administracións públicas para protexer aos galegos e as galegas”, manifestou Gómez Reino.

“Nove minutos sen medidas determinadas, nin propostas concretas nos que de nada vale mencionar con finxida emoción ao persoal das residencias de maiores cando a privatización feroz do sistema público de coidados que o PP de Alberto Núñez Feijóo practicou sistemáticamente  foi, precisamente, o que nos deixa unha Galicia ferida e moi vulnerable tras unha década de recortes implacables ao público, ao común”.

“O que lle pedimos ao 2021”, sinalou o deputado galego, “é menos propaganda e autocomplacencia. O que as e os galegos precisan é unha acción decidida e determinada na defensa dos que nos sosteñen. Non os bingos nin os casinos, non, senon os sanitarios, os docentes, o persoal dos servizos públicos, pequeños produtores, os autónomos, a hostalería e o turismo que agardan polas axudas comprometidas en novembro mentres que a Xunta se encomenda aos milagres do o Apóstolo”.

Saúde e sanidade pública.

Bo Aninovo 2021!