GañaMós Asemblea Veciñal parécelles increible a defensa do conselleiro do Partido Popular a un “pelotazo urbanístico”

Publicado por o día 30/01/2019 na sección de Política,GañaMOS

GañaMós Asemblea Veciñal parécelles increible a defensa do conselleiro do Partido Popular a un “pelotazo urbanístico”
A Proposición Non de Lei debatida hoxe mércores 30 polo deputado Antón Sánchez de En Marea no Parlamento Galego a instancias de GañaMós Asemblea Veciñal. Unha Proposición para rexeitar o pelotazo urbanístico nos montes de Mos. Desde GañaMós parécelles increible que toda a defensa do conselleiro do Partido Popular sexa axitar unha foto da reunión de hai un ano se celebrou nos Escudos con representantes políticos e sociais de toda a área metropolitana. Nesa reunión estivemosnós  ao igual que a Comunidade de Montes de Tameiga ou mesmo o alcalde de Vigo, Abel Caballero. GañaMós Asemblea Veciñal manifesta que foron a esa e a todas as reunións onde poideramos recabar información sobre o proxecto e poder así discernir se este se trataba  dunha boa inversión para Mos ou dun pelotazo urbanístico, pronto quedou claro que o que se traía entre mans Arévalo era un pelotazo de manual.
Na PNL presentada instábase ao Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1.- Non aprobar a modificación puntual do planeamento do Concello de Mos coa que se pretende facilitar a realización do proxecto deportivo e comercial.

2.-Potenciar o pequeno e mediano comercio e a súa conservación e expansión.

3.-Manter os terreos coa vocación forestal e de lecer para que funcionalmentefaga parte do pulmón verde de Vigo, Mos e a súa área metropolitana

4.-Aprobar e publicar a estratexia para a execución da Infraestrutura Verde de  Galicia.

5.-Aprobar as directrices do paisaxe.

 
Texto da PNL presentada poir En Marea a instancias de GañaMós
 
Video intervención no Parlamento Galego: