Fernández-Tapias reclama a Caballero que se deixe de protagonismos e aunucie a cantidade que vai destinar á hostalería

Responsabiliza a Caballero do fracaso do fondo común e lle advirte: “Non se trata de quen dá as axudas, senón de cheguen a quen teñen que chegar e con urxencia”

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, convidou hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a deixar a un lado os protagonismos políticos e situarse no lado dos que buscan salvar a hostalería. “Non se trata de quen dá as axudas, senón de quen as recibe”, sinalou, tras responsabilizar ao rexedor vigués do fracaso do fondo común.

Na súa opinión, é o momento de demostrar altura de miras, polo que lle reclamou que responda á solicitude do propio sector e anuncie a cantidade que vai a destinar en axudas directas para paliar os efectos do peche da hostalería.

Fernández-Tapias insistiu en que o obxectivo da Xunta é axudar canto antes porque “hai moita xente que o necesita e non podemos demorar máis os apoios”, fronte ao resto de administracións que, recordou, o venres pasado deixaron pasar unha nova oportunidade de adherirse ao Plan de Rescate no que traballa o Executivo autonómico. Neste senso, lamentou a falta de compromiso do alcalde cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados por polas restricións sanitarias a consecuencia da pandemia, que están reclamando activar estas axudas o antes posible dado o carácter urxente das mesmas.

A este respecto, tras destacar que a Xunta inxectou ata o de agora máis de 4 millóns de euros en axudas directas o sector hostaleiro na cidade, a delegada apuntou que o Goberno galego ten practicamente pechado o segundo Plan de rescate. “Mentres tanto, hai administracións que once meses que levamos de pandemia non deron nin unha axuda ao sector”, indicou.

Tal e como recordou, este segundo Plan de Rescate estará dotado con 75 millóns de euros, que sumados á cantidade da primeira convocatoria supera os 160 millóns en 90 días. Axudas que se activaran en febreiro, con menos requisitos, máis rápidas, acumulables e complementarias coas recibidas no primeiro Plan de Rescate e co resto

dos apoios anti-covid do Goberno galego. A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM