A directora, actriz e dramaturga Diana Mera ofrecerá a súa acción escénica Un xardín por (re)construír mañá, sábado 28 de setembro, no concello de Gondomar. A intervención artística, que terá lugar, ás 12:00 horas, na praza Doutor Latino Salgueiro e á que asistirán as deputadas provinciais Ana Laura Iglesias e Raquel Giráldez, enmárcase no programa “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.
Na performance Un xardín por (re)construír, Diana Mera centrarase no seu corpo para reflexionar sobre cuestións relacionadas coa promoción da igualdade e a denuncia das violencias machistas que sofren as mulleres.
Este ano 2019 “Mulleres en acción. Violencia zero” volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e novamente ten lugar en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.