Deportes de alta intensidade para o tempo libre

En pouco máis dun mes comezará a primavera e, de cara á chegada do bo tempo, o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte volve deseñar un programa de actividades ao aire libre que inclúe as modalidades marcha nórdica, parapente, pontismo e paracaidismo. Esta iniciativa, denominada Delecer e destinada ás persoas que forman parte da comunidade universitaria, pretende ofrecer a posibilidade de practicar deportes que non están ao alcance de todos polas necesidades de infraestruturas. Cada unha das actividades celebrarase en varias datas con varios grupos nos meses de marzo e abril.

A primeira das actividades en arrancar será a marcha nórdica, para o que a Universidade conta coa colaboración do club Marcha Nórdica de Galicia, que proporcionará os bastóns. Desenvolveranse dúas sesións, unha o 24 de marzo no campus de Pontevedra e outra o 25 no de Ourense, e a data límite de inscrición en ambos casos é o 15 de marzo. O prezo da matrícula é de 14 euros con abonos deportivos e 17 para o resto da comunidade universitaria.

Xa no mes de abril, o segundo e o cuarto fin de semana están programas as sesións de parapente, en colaboración do Club Nortada. Neste caso o lugar de celebración será Santa María de Oia e as datas límite de inscrición son o 4 e o 18 de abril respectivamente. O prezo é de 37 euros con abonos e 46 euros para as persoas que carezan deles.

Tamén en abril, os días 7 e 28, a comunidade universitaria poderá experimentar a adrenalina do pontismo, actividade organizada en colaboración con Turnauga que terá lugar na ponte sobre o Miño en Arbo. Os prezos, de 14 e 17 euros, inclúe o transporte en autobús dende Vigo e Pontevedra e, entre os participantes sortearanse cinco actividades de balde a elixir entre rafting no río Ulla, kaiak en Arousa ou barranquismo na Pobra do Caramiñal ao longo de 2018. Organizaranse dous grupos, un para o 7 de abril e 28 de abril (22 de marzo e 17 de abril datas límite de inscrición).

Finalmente, o Delecer complétase coa práctica de paracaidismo os días 21 e 22 de abril en colaboración co Paraclub Galsur. A saída do voo será dende o aeródromo de Palmeira en Braga, Portugal, e o prezo varía entre os 140 euros para as persoas aboadas e os 160 para a matrícula xeral. A data límite de inscrición é o 6 de abril.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • Paraclub Galsur

    Desde Paraclub Galsur agradecemos un año más (ya son más de 10) la confianza depositada en nosotros por parte de la Universidad de Vigo para organizar esta actividad de paracaidismo en el programa DELECER.