O pasado 23 de maio, no pequeno municipio de Tui, unha polvoreira causa unha catástrofe… Todos sentimos un forte estrondo, de feito sentiuse en toda a zona sur de Pontevedra. Despois, xa se deixaba ver o fume branco, coma se saíse dunha película, unha columna inmensa en forma de cogomelo. O Whatsapp desbordaba, sobre todo no chat de amigos, un deles tenia unha casa na zona. Foi unha das casas esnaquizadas pola explosión. A partir de aquí, o resto da información foi chegando aos poucos. A explosión esnaquizou todo ao seu paso nun radio de 300 metros.
Máis dunha vintena de vivendas completamente destruídas e máis dun centenar danadas. Ata agora, e polas últimas noticias, calcúlanse que son 28 persoas feridas e 1 persoa falecida, o problema é que esta tortura non terminou para moitos dos nosos veciños. Hai varias persoas desaparecidas. A zona 0 é un escenario de guerra, un estudio dantesco… Non temos nin idea de como axudarlles se non é tentando crear algo para que todos aqueles que quedaron sen fogar poidan reconstruílo de novo e o máis pronto posible. Sei que é difícil para todos eles, e o meu máis profundo pésame para aquelas persoas que non só perderon o fogar, se non tamén a un familiar. Por todas elas, botemos unha man.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.