DEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016 na parcela A Zarra da Pena.
Durante o 2018 desenvolvéronse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego numerosas actividades no marco do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego. Inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos, eliminación de invasoras… foron algunhas das actividades nas que participou voluntariado ambiental de toda Galiza.
O sábado pola tarde (16.30H) realizarase a última actividade do ano, vanse instalar dous paneis interpretativos na Zarra da Pena. Neles coéntanse algúns dos valores deste espazo asi como as actuacións que se están a realizar.
Participarán a presidenta de ADEGA Virginia Rodríguez e Marcial Barral representante da familia que ten esta parcela en custodia do territorio. Acudirán a pechar e valorar as actuacións deste 2018, ano no que o proxecto contou co apoio e o impulso da Fundación Biodiversidad.
A esta última actuación do ano acudirá tamén Ramsés Pérez, coordenador do Proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.