Ante as declaracións realizada polo Presidente da Xunta, Sr. Núñez Feijóo no Faro de Vigo do venres, sobre a construción do Hospital de “A Coruña”, que se realizará con fondos públicos, en contraposición o realizado no H. Álvaro Cunqueiro, que se realizo a través da colaboración Público-Privada e na que afirma que foi “….o goberno Central, presidido […]
A FGAMT-CIG acusa a Fundación 061 de ocultar datos de xeito deliberado no informe remitido ao Concello de Cangas para xustificar a supresión do sistema de desinfección covid na localidade e para rexeitar a necesidade dunha ambulancia máis no Morrazo. A respecto da desinfección covid en Cangas, no informe indícase que en Vigo disponse de […]
“En tan só 24 horas Feijoo dá no clavo. Na Xunta non aplica ningunha das medidas que predica: nin teletraballo nin máscaras FPP2”. Así reprocha a responsábel da CIG-Administración Autonómica as recentes declaracións do Presidente da Xunta nas que avanzaba a posibilidade de facer obrigatorias, en certos casos, a máscaras FPP2 e demandaba o teletraballo […]
Á decisión da Empresa “Ambulancias do Atlántico” de trasladar a Vigo o sistema de desinfección en novembro do pasado ano, sumase agora un novo desbordamento de augas fecais por toda a instalación sanitaria que alberga a propia ambulancia, os EPIs ou o propio material sanitario co que se atende aos pacientes. Esta é a terceira […]
A Asociación Veciñal de Teis, demanda do goberno municipal de Vigo, que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo, encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados. O pasado 5 […]
Dende a sección sindical de CCOO ven expresar publicamente o seu rexeitamento ante certas, chamémoslle, <<disfuncións>>, que puideron detectar nos procesos selectivos convocados para tres prazas de bombeiro, por quenda de promoción interna, e catro de condutor-bombeiro, por quenda libre, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019, e que poden […]
O comité de persoal do Concello de Vigo vén de anunciar a constitución dunha plataforma para rexeitar o proceso de desmantelamento e privatización dos servizos públicos por parte do Goberno local. Baixo o nome de ‘O Concello de Vigo en venda’ queren denunciar tamén “o profundo desprezo” dos responsábeis municipais “ante o bo facer” dos […]
En relación as declaracións de onte de Abel Caballero, que considera unha “ocorrencia” e unha “mala decisión”, proxectar unha residencia de maiores nos terreos da ETEA. Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos impresentabel, que se intente boicotear a construción desta residencia de maiores, cando non existe un mellor emprazamento en Teis. A AVT, foi uns dos colectivos de Teis, que propuxo […]
O goberno español promulgou o decreto “Creación do rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de captura de CO2” mediante o cal as empresas contaminantes poderán seguir contaminado se mercan bonos de captura de C02 para compensar o seu exceso de emisións de gases de efecto invernadoiro. A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala […]
Ecoloxistas en Acción crea un mapa interactivo das árbores do Parque do Castro de Vigo para mediante a ubicación e identificacións dos exemplares protexelos das tallas indiscriminadas. O mapa recolle case 300 exemplares identificados, permite consultar os nomes das árbores do parque e localizar aqueles exemplares mais destacables e xenlleiros. A organización ecoloxista pretende así poñer en […]
A Policía Local de Vigo, desde as 06:30 horas do pasado sábado ata as 06:30 horas deste domingo, detivo a unha persoa e impuxo un total de 99 denuncias por motivos relacionados coa normativa sanitaria Covid en vigor. A este respecto, os axentes realizaron neste tempo máis de vinte controis na cidade, en lugares como […]
Hoxe na Casa dos Alonso consumouse outra “ilegalidade mais” por parte da Comunidade de Montes da Guarda, argumenta a Plataforma Veciñal a Guarda. 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneiros. Esta asemblea contou con unhas supostas “irregularidades” […]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de declarar firme a sentenza que anula os servizos mínimos impostos polo Concello de Vigo na folga dos bombeiros unha vez que o Goberno local desistiu de presentar un recurso de casación contra a resolución xudicial. O Xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo considerara […]
Tras a morte o pasado 7 de xaneiro de Mustafá, un empobrecido galego senegalés sen teito que pernoctaba nun chabolo en Beiramar, colectivos sociais da cidade de Vigo viñeron facer no día de hoxe un recordo colectivo no seu nome, o evento empezou ás 17:30h fronte o Albergue de Marqués de Valterra. No acto de […]
Os 40 veciños da Guarda que compoñen a Plataforma Veciñal de Afectad@s pola Comunidade de Montes da Guarda, se dirixiron a todas as institucións, entidades, asociacións e colectivos, e a todos os veciños que as compoñen, para denunciar publicamente a “gravísima” situación na que se encontra o monte. Nos últimos tres anos case 40 […]
Círculo de Empresarios de Galicia veu mostrar no día de hoxe a súa máxima preocupación ante a nova suspensión de voos no aeroporto de Peinador. Aínda comprendendo que, en principio, é unha medida conxuntural, derivada da crise sanitaria, a noticia non pode senón ser cualificada como moi negativa, por canto vén sumarse a outras anulacións, […]
Na ribeira do Lagares no tramo do sendeiro fluvial do río entre Balaidos a Samil esta semana se cercenaron preto de 30 árbores (salgueiros, choupos e amieiros), arboriñas (sabugueiros e salgueiros pequenos) e toda a flora de ribeira (tanto prantas exóticas como autóctonas). Tratase da típica “limpeza” con tala, poda indiscriminada e desbroce realizada por […]
A situación inhumana despreciable e supostamente delituosa por parte de Bosch Service Solutions a segunda empresa con máis traballadores en Vigo mantense nun dos seus centro situado na avenida de Madrid á espera de que inspección actúe tras a denuncia presentada pola sección sindical de CCOO Bosch Vigo o pasado 21 de decembro tras o […]
Un veciño, Alberto A. Lugrís, conseguiu “capturar” coa cámara do seu móbil a unha parella de londras no día de hoxe tras unha volta en bicicleta. O vídeo que compartiu no seu twitter mostra a dous exemplares que nadan xuntas: “As vin por vez primeira en agosto, río arriba, despois do parque de Castrelos”, afirmou. […]
O Bloque Nacionalista Galego demandará no derradeiro Pleno municipal do ano reverter o desmantelamento da política xuvenil do Concello de Vigo. Así se recolle na moción que esta mañá presentou publicamente o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. “Vivimos nunha cidade na que o alcalde presume todos os días de acender moitas luces, pero […]
Cando Vigo saiu a rúa a pedir que non se pechará Televigo Centos de vigueses bótanse á rúa en solidariedade con Televigo o mércores o 30 de marzo de 2011. Aquela tarde centos de vigueses manifestámonos na rúa do Príncipe, ante o MARCO, en apoio a Televigo, a canle de TV local máis veterano da […]
A fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como directiva da enerxética Greenalia exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política. Non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo! Ex-presidentes en eléctricas (Calvo Sotelo e González en Fenosa, Aznar en Endesa) e ducias de ex-ministros/as ocupan postos directivos en empresas […]
Chegóu o día, foi hoxe venres,o CSOA A Quinta da Carmiña ubicada na rúa do Carme, pechou as súas portas, non por decisión propia, se non por orde xudicial, xa que o propietario do inmoble okupado, o banco malo, a SAREB, decidiu que é preferible “arruinar o espazo” a que a xente se asocie libremente […]
Hoxe pasadas as 16 horas xa eran 1.074 persoas que asinaran a petición na plataforma change.org para reclamar que se peonalice o centro de Vigo pero reformulándose o trazado do túnel de Porta do Sol concretamente a petición esta baixo o titular “SI a la peatonalización del centro de Vigo, NO al túnel subterráneo en […]
Nestes últimos anos na cidade de Vigo esta proliferar numerosos salóns de xogo, por iso, distintos colectivos Foampas, a Rede de Solidariedade Popular, Os Ninguéns e a Asociación Galega de Xogadores Anónimos criticaron a apertura dun novo salón de xogos en Navia, critícaa tivo lugar no local da Asociación Veciñal Novo Vigo, a asociación veciñal […]
“Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación de fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo”, escribían na súa conta de twitter. O ex director de Xerais, Manuel Bragado, confesábase “conomocionado” pola noticia: “Outro síntoma da fraca saúde do noso tecido […]
Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola revista literatura galega Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses […]
A Comisión Europea acaba de aprobar unha nova lei, a lei de copyright, esta lei ven a introducir un novo dereito afín para os editores de prensa que “recoñece o importante papel que desempeñan os editores de prensa ao investir en contidos xornalísticos de calidade e crealos” sendo por primeira vez considerados xuridicamente como titulares de […]
Oscar González Álvarez (Vigo, 1980), axente inmobiliario, foi un dos membros máis activos de Podemos na nosa cidade desde o nacemento da formación morada. Naquel Consello Cidadán Municipal, ocupou as secretarías de municipalismo e movementos sociais. Con estes últimos seguiu colaborando logo da disolución de aquela executiva municipal. Despois de tres anos, volve á actividade política […]
Inician un novo curso, xa son 11 anos de punto de información e denuncia en Coia, con cambios. Continuan nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo) pero mudan ao horario de mañá, este curso 2018/19 estaremos os LUNS de 10:00 a 12:00 da mañá. Ademais deste horario de atención presencial podedes contactar, preguntar dúbidas […]
A existencia dunha fundación que realiza apoloxía do fascismo e da ditadura, como a Fundación Francisco Franco, é unha anomalía nun Estado que se diga democrático. Máis aínda se para esa función recibe subvencións públicas, provenientes dos impostos de todas e todos. Nun Estado en que se está a castigar a liberdade de expresión resulta […]
O Estado español está a incumprir varios preceptos da Carta Social Europea en materia de accidentes de traballo e protección social, segundo un relatorio elaborado polo Comité Europeo de Dereitos Sociais. Este organismo independente, que fai parte do Consello de Europa, concluíu que o goberno español non acata os compromisos adquiridos ao ratificar esta convención internacional en 1980, […]
Nos vindeiros días, mediante 3 actos moi diversos, presentarase á cidadanía “Vigo Industrial” un proxecto multidisciplinar que procura un triple obexitivo: – crear un coñecemento científico amplo e profundo sobre o conxunto do Patrimonio Industrial da Ría Vigo. – coadxuvar na creación dunha memoria e identidade colectiva arredor do mesmo. – servir como catalizador e ferramenta para a acción cívica e […]
Ángeles De Andrés unha veciña de Vigo empezou a recoller sinaturas contra a colocación das cintas transportadoras na Gran Vía de Vigo, esta veciña da cidade ven dirixir unha carta ao alcalde da cidade Abel Ramón Caballero no que relata o seguinte. “Estimado Alcalde de Vigo, D.Abel R Caballero; con estas sinaturas, nos diriximos a […]
NoticiasVigo.es en colaboración con Construcción Pontevedra ven a abrir unha enquisa sobre o tema de moda da cidade olivica, CAMBIARÍAS OS REDEROS POLO PEZSETO?. Nos últimos días xerouse en Vigo un importante debate pola intención do Concello, de substituír con motivo da reforma de Gran Vía, a emblemática escultura de “os rederos” por un ornamento vexetal con […]
Se os peques ingresados senten ganas de ir ao cinema e non poden porque teñen que cumprir certas condicións de illamento, pois a fundación juegaterapia.org construirá un cinema no Hospital Álvaro Cunqueiro así o viñan a comunicar no seu perfil de facebook, manifestaban que xa teñen todos os fondos necesarios para construir o cinema , […]
A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar o mal estado do firme da avenida de Dona Fermina, sendo esta a rúa de acceso o parque da Guía e o estacionamento da 1º Travesía de Foxos. Achego as fotos da avda de Dona Fermina e do estacionamento de 1º travesía de Foxos. Na avenida de Don Fermina, o […]
A Coordinadora Antiprivatización dá Sanidade Pública da Coruña fai público o caso dunha paciente que leva máis dunha década padecendo un mal funcionamento da sanidade pública en Galicia. A paciente María del Mar quere denunciar publicamente a súa situación. Cun grado de discapacidade dun 67% e dores continuos, foi diagnosticada con 14 anos de retraso. […]