Promocionar a música tradicional, na súa variante cantada, e xerar un grupo numeroso de persoas que participe nunha gran “quedada” – Supercantos – para cantar nas prazas da cidade o próximo 10 de agosto, véspera do inicio das Festas da Peregrina. Aquí Cántase!! co aval do éxito do pasado ano, bota a andar, por segunda vez o próximo luns 4 de abril, o camiño que rematará na gran quedada, na que para partcipar só se pide querer cantar e querer gozar.
A concelleira de Dinamización Sociocultural e Festas, Carme da Silva e os membros de Maravallada, Luís Torres e Manuel Espiño presentaron hoxe a segunda edición dos Supercantos!! que os números definen do seguinte xeito: 20 cancións para aprender, 4 ensaios por local, 3 sedes para ensaiar e 4 prazas para actuar.
Calquera pode sumarse ao proxecto pero hai que inscribirse a efectos de encadre nas xornadas previas ao ensaio. As inscricións en www.pontevedra.gal/supercantos ou no teléfono 986.804300 ext. 7107
O pasado ano arredor de 300 persoas participaron nos ensaios e máis dun millar reuníronse (ou achegáronse ao escoitar os cantos) na rúa en agosto para cantar.
Os ensaios desenvolveranse en tres centros sociais e veciñais do Concello: no Local social de Cabaleiro (Campañó), Local Social do Gorgullón e Casa Verde de Salcedo e co seguinte calendario:
ABRIL |
MAIO |
XUÑO |
XULLO |
|
Campañó |
4 |
9 |
6 |
4 |
Gorgullón |
9 |
7 |
11 |
9 |
Salcedo |
18 |
16 |
20 |
18 |
A concelleira Carme da Silva sinala que esta gran “quedada” para cantar xe é parte da programación festiva de Pontevedra.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.