“Deporte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Formalización da inscrición
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. (por exemplo ORAL)
Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:
- 1.o prazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019
- 2.o prazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020
Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na seguinte páxina web https://www.depo.gal/deporte-escolas
Modalidades Deporte Escolas na Guarda
- Baloncesto – no IES A Sangriña – os mércores de 16:00h a 18:00h.
- Patinaxe – no Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Luns, de 17:00h a 18:00h (nados no 2009 ao 2014)
Luns, de 18:00h a 19:00h (nados no 2003 ao 2008)
- Atletismo – No Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde – os venres de 16:30h a 18:00h.
Máis información na OMIX do Concello da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico [email protected]
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.