Ábrense as inscricións de skate e preséntase o novo circuíto da WCS de O Marisquiño 2019

Publicado por o día 24/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Ábrense as inscricións de skate e preséntase o novo circuíto da WCS de O Marisquiño 2019
Regresa a Vigo un ano máis o campionato de street da World Cup Skateboarding xusto no ano previo ás Olimpíadas de Tokio 2020 e por cuarto ano consecutivo, poderase tamén gozar da modalidade Miniramp, probas ambas as puntuables para a World Cup Skateboarding 2019.
 
Por unha banda un skatepark novo e de vangarda do que presentamos o seu deseño e por outro, a Miniramp onde se reunirán lendas e novas promesas do skateboard mundial. Ambos os circuítos estarán integrados no Peirao de Transatlánticos e contarán coas súas propias bancadas e servizos adicionais de restauración e lecer.
 
Quedan abertas desde hoxe as inscricións na páxina web.