Se tes menos de 30 anos e baixa cualificación profesional, debes saber que a Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME) ven de asinar un convenio coa Concellería de Emprego e Formación, dirixida por Soledad Girón, para desenvolver no O Porriño o Programa Integrado de Emprego de Galicia, impulsado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, e o Ministerio de Traballo Migracións e Seguridade Social, que formará a 20 persoas no sector metalúrxico.
O obxectivo deste programa é a reinserción laboral de, a lo menos, o 45% dos participantes no mesmo, elaborando para cada persoa un itinerario personalizado personalizado, dacordo coas súas demandas e características.
As principais liñas de formación serán: Soldadura, Tubaxe Industrial, Interpretación de plano; Fabircación e Montaxe de Estruturas Metálicas, Tratamento de Superficies, Operacións Auxiliares de almacenaxe, Carretilleiro e Mantemento.
Se estás interesado/a en formar parte deste programa formativo podes inscribirte no mesmo chamando ao teléfono 986 41 07 27.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.