A Piscina Mancomunada de Valmiñor realizará unhas xornadas de portas abertas para promover hábitos saudables

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Nigrán

A Piscina Mancomunada de Valmiñor realizará unhas xornadas de portas abertas para promover hábitos saudables
Desde o 4 ata o 6 de outubro, a Piscina Mancomunada de Valmiñor realizará unha xornada especial de portas abertas para todos os veciños de Valmiñor. O obxectivo da organización destas xornadas é animar á xente para reactivarse e comezar esta nova tempada cuns hábitos saudables nos que a actividade física é fundamental
 
Para este día, téñense preparadas moitas sorpresas e actividades na piscina ou nas salas.
 
Ademais, os días 5 e 6 de outubro, a piscina contará con inchables para que os máis pequenos da casa da casa gozar dunha semana especial no centro deportivo.
 

Últimos días de matrícula gratuíta

 
Ata o día 6 de outubro, a Piscina Mancomunada conta cunha oferta especial para novas inscricións no centro. Durante este período, aqueles que se apunten aforraranse a matrícula e poderán gozar de asesoría deportiva. A Piscina Mancomunada ha aberto unha web especial para esta campaña (www.serviocio.es/tebuscamos/valminor) para informar desta oferta e na que se sortea un ano de ximnasio gratis.