A Fundación CETMAR analiza o uso das algas como fonte natural e sustentabel dos novos productos cosméticos

O centro dependente da Consellería do Mar acolle o vindeiro día 8 un seminario de cosmética mariña no marco do proxecto europeo CVMAR+i
Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,Mar,Vigo

A Fundación CETMAR analiza o uso das algas como fonte natural e sustentabel dos novos productos cosméticos

O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar)-Fundación Cetmar acolle o vindeiro 8 de novembro o seminario Cosmética mariña. Fontes naturais sustentables de ingredientes, co que o ente dependente da Consellería do Mar pretende aportar as claves sobre as diferentes fontes de orixe mariña que actualmente se están a empregar nas novas formulacións de produtos no ámbito da cosmética.

A xornada contará coa participación de diferentes expertos na materia que abordarán diversas innovacións desenvolvidas no eido da cosmética mariña, como a utilización de microalgas ou macroalgas para a formulación de novos produtos e activos.

Este seminario está organizado no marco do proxecto europeo CVMAR+i no que participa a Fundación Cetmar e que, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, está liderado pola Universidade do Minho e centrado na valorización de recursos mariños.

A inscrición para participar no seminario é gratuíta por rigoroso orde de entrada e pode realizarse nesta ligazón, no que tamén é posible descargar o programa do encontro para coñecer os expertos que intervirán no evento e os asuntos que tratarán.