A Concellería de Cultura propón a creación dun Rexistro de Artistas Locais de O Porriño para o que nas redes sociais do Concello incluímos a correspondente información así como o formulario coa solicitude de inscrición.
A iniciativa que lanza o departamento que dirixe Cami Moreira consiste en que todas aquelas persoas ou grupos adicados ás diversas actividades artísticas culturais e que teñan a súa residencia no concello de O Porriño, poidan inscribirse no devandito Rexistro.
A finalidade é dobre: contribuir ao desenvolvemento da comunidade artística local e dar a coñecer e fomentar a contratación de grupos e creadores do Porriño.
As inscricións faranse de acordo á instancia establecida que poderá descargarse na web do concello.
Deixamos a ligazón correspondente coa páxina web do departamento de Cultura para coñecer a convocatoria e rechear a solicitude de inscrición.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.