Dende a Asociación Veciñal Novo Vigo queremos convidarvos ao “VII Navia Parque D’Arte”, que terá lugar o vindeiro sábado día 5 de outubro a partires das 11h da mañá na rúa As Teixugueiras, con actividades das que poderán desfrutar tanto rapazada como maiores.
“Navia Parque D’Arte” nace en 2013 coa idea de encher un oco baleiro na nosa cidade, levar a Arte á rúa. Sete anos despois continuamos co labor de proxectar o noso traballo, e o que se realiza dende as distintas entidades do noso barrio e da nosa cidade.
Teatro, cinema, maxia, xincana, deportes, obradoiros, xogos e música tradicional e moderna, bailes e danzas do mundo… Encherán as rúas do noso barrio!
Tamén se disputará o II Torneo de xadrez “Navia Parque D’Arte”, inscricións en: http://www.canpeon.es/#parquedarte
Enlace ó noso evento en Facebook onde poderedes consultar toda a programación: https://www.facebook.com/events/516402848917593/
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.