A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo a estratexia para realizar un cribado poboacional, mediante a realización da proba PCR, a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. Neste contexto, o Sergas vai invitar a 3.000 persoas do Concello de Mos a realizarse unha proba diagnóstica. Na tarde de hoxe xa se inicia este cribado no Covid- Auto do Hospital do Meixoeiro.
O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.
Participación voluntaria
A Área Sanitaria de Vigo ofertará participar neste cribado a aquela poboación do Concello de Mos que cumpran determinados requisitos: estar no rango de idade entre 18 e 60 anos; non ter realizada unha proba PCR nas últimas 2 semanas; e dispor dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra” que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.
As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo
sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu procesamento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.