A alcaldesa do O Porriño pide á Xunta información máis detallada sobre contaxios e hospitalizados do Porriño

Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Galicia,O Porriño

A alcaldesa do O Porriño pide á Xunta información máis detallada sobre contaxios e hospitalizados do Porriño

Eva Garcia pediulle ao conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia información máis detallada sobre infectados e hospitalizados por Covid do Porriño.  A alcaldesa participou hoxe na reunión telemática que Julio Garcia Comesaña mantivo con todos os alcaldes da área sanitaria de Vigo.

O Porriño presenta hoxe 92 novos contaxios, segundo comunicou a Xerencia da Área Sanitaria ao Concello.  A taxa de incidencia elevouse a 438, segundo a actualización do Sergas.

Garcia de la Torre indicou ao remate da reunión que mañá venres convocará a Comisión Municipal de Seguimento da Covid para avaliar a adopción de posibles medidas locais adicionais, complementarias ás que entraron en vigor hoxe no Porriño e noutros concellos da zona.

Por outra banda, a alcaldesa, que permanece en corentena, decidiu que as comisións municipais informativas convocadas para esta tarde e sesión plenaria da corporación que terá lugar na semana que ven, sexan telemáticas.