O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos de Educación Social, convoca este concurso, que leva o título de ‘Memorial Toni Julià’ en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado.
A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social, premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras, e facilitando a súa difusión.
O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Colexio profesional de Educación social da comunidade autónoma na que se desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o actualmente a persoa que o presenta.
O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa outorgando ademais un recoñecemento público aos proxectos galegos. Por iso, premiaremos aos proxectos presentados no Ceesg que resulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso), co seguinte:
- Cota de mantemento colexial gratuíta durante un ano.
- Publicación do traballo polos medios que o Ceesg considere oportunos.
- Dúas inscricións gratuítas en accións formativas organizadas polo Ceesg.
Bases xerais do concurso
Descargar cartaz
Poden presentarse os proxectos ata as 14:00 h. do 31 de marzo de 2019.
- Queres saber quen foi Toni Julià? A revista RES publicou un número especial monográfico da súa biografía. Ir á revista RES nº 12
- Queres ver os proxectos gañadores das anteriores edicións? Están publicadas en www.eduso.net (enlace directo)
- Queres ver o proxecto seleccionado polo Ceesg na anterior edición? Está publicado en www.ceesg.org (enlace directo)
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.